26.12.06

Psicoloxía inversa


Oxalá que forades malos e peores e alguén vos regalara moitas historietas!
O meu betxo está a piques de morrer polo que non sei cando voltarei dar guerra por aquí, sexa como for, que pasedes ben esta semana de transición!

23.12.06

Lotería, Bill Gates, Inditex e outras pantasmas de Nadal

Comprobando na arañeira coa miña nai se eramos ou non, un ano máis, millonarias, preguntoume a doña que era iso do Mozzilla é alá comezou a miña arenga de explicacións sobre o software libre e as alternativas os emporios de M&M's... E nesto que a miña ben querida proxenitora chamoume a atención por terlle odio ó bo de Bill Gates, que seica semella estar salvando ó continente africán con sustanciosas doazóns para a busca dunha vacuna contra a malaria...

Fai iso, pregúntome eu, que teña que, por narices e por solidariedade, convertirme nunha fidelísima usuario do Explorer?

Non teño moi claro se a muller é un topo introducido por Bill na miña casa ou teme pola súas transaccións bancarias vendo o que se ve ultimamente e trazou a sútil liña mental "software libre-hackers-ladróns- filla terrorista", pero o caso e que a conversa acabou dexenerando nun conflicto paveril que a muller achacou a un ramalazo de adolescencia e sentenciou cun “o tempo xa te porá no teu sitio"

Para cando a conversación deuse por zanxada xa estabamos ante un cubículo Inditex de centro comercial para facer o último sprint navideño, que, unha ano máis, é o que se corresponde cos meus regalos.
Cando unha das loirísimas empregadas contestoume á pregunta de “E non os tes en negro?” cun berro incoherente a miña frustración xa chegara a límites críticos. Acabei fumando na entrada do shopping mentres a miña señora mercaba iogures (“xa que viñemos ata aquí...”)

PD1:Por certo, non somos ricas, pero, jojo, robolle a conexión a algún veciño emprudente e, por fin, teño banda larga TAMÉN en Ourense. Iso si é filantropía.

PD2:Quede claro que non critico esta acción de Bill Gates, só me sorprendo ante as extrañas maquinacións ás que deu lugar na mente da miña nai. Reconozco, no obstante, que esa suposta rebeldía xuvenil fíxome buscarlle tres pés ó gato a cuestión e levo un bo rato buscando unha trama oculta en Internet. Aínda non a atopei, queda dito.

PD3: Pobre mamá, eu penso que estas festas nos poñen un pouco tolos a todos

22.12.06

Scargots


Coñecinte baixo unha luz verde,
tan verde
que as lámpadas parecíanme embaloradas,
unha rocha comida pola erba.

E había caracois trepando polas paredes,
ollando curiosos canda nós,
escapando da auga que nos chegaba ós xeonllos,
e na que eu pensaba que había lampreas.

Por iso boteime a chorar,
e abrázachesme.
Dicíasme que non pasaba nada
que era normal, bo que nadarán por alí,
natural.

Sorrías pero tremabas,
e o que te daba medo era que terme así,
preto
Tranquilo... eu pensei que o que tiñas era frío

Farta estou dos meus insomnios, pardiez!!

21.12.06

Miau


O meu gato morde o rato e camiño polas teclas. Imposible postear, preferimos ronronear

19.12.06

Unha pataleta

Son as 11 da maña e levo toda a noite sen durmir por mor dun insomnio galopante e un desaxuste do biorritmo que só a noite compostelana pode disculpar (e o LK, sustancia que nin sequera inxeriu eu, mais sí os meus acompañantes).
A madrugada deu de sí posts moito máis interesantes do que será este pero unha rápida ollada en Vieiros para toparme cunha entrevista a Carlos Ferrás Sexto que chamoume a atención.
O quid da entrevista, falando da fenda dixital en Galicia, desfases na sociedade de información e a dotación/falta de infraestructuras, é que repite (tanto nas preguntas como nas respostas) practicamente as verbas dunha conversa que eu e outra compañeira
tivemos con este profesor da USC fai un ano por mor dunha reportaxe sobre o Internet no rural galego que presentamos nunha das materias desta nosa licenciatura.

A cuestión será anecdótica, e ata emocionoume pensar que adelantome, en canto a fontes, os medios "establecidos", pero joooo
Para un traballo xornalístico do que estou minimamente orgullosa pois apetecíame protestar.....


(cando durma un par de horiñas actualizarei algo máis sustancial... espero)

16.12.06

Desbarallando (non sexades crueis que eu son adorable con vós)

Ás veces dunha semana fatídica podes quedarte, facendo memoria, con faíscas de lucidez que fan que, malia que espertes coa boca "como despois de mascar xiz" aínda podas apreciar o bo do anticiclón que ven de darnos unha tregua.
E ás veces as noites ata son aproveitables dalgún que outro xeito (sempre en positivo). Topeime co novo fanzine CriaturaZine, de presentación "toa wapa", que me animou a tarde do mércores malia non ter nin idea da metade dos grupos que comentaba, cuestións de forma e contido.
Amólabame a leitura o reitegrado, que non acaban de asimilar os meus miolos. Pero dada a miña recente permeabilidade o todo que me contan por ahi (claro, pola noite) e a recente febleza de moitas conviccións armeime de valor e baixei a História da Lìngua en BD a ver se a base de cadriños convencenme da definición dun galego...aínda que sexa so para dicir que "Galego e portugués som a mesma lingua" (sic. Pestinho, eu NS/NC, pero entón, que é o reintegracionismo?).
A preocupación xurde cando veñen os de Historia e te contan que o señor Barreiro da nas aulas as "Grazas", logo ri e argumenta "xa que eu o inventei, polo menos eu terei que dicilo". Cando apeteceche escribir mUitos e lUitas e sempre tes unha voz amiga que te din "tranquila, eu creo que eso dise nos Ancares". Cando non lle podes falar galego os galegofalantes de toda a vida porque non ten entenden un carallo...
Entón...solución, condeome a leer durante todo o Nadal en galego a ver se chego a algunha parte e podo facer proselitismo do MEU galego sen que me digan "ti, un pouco telegaita vexote, non?" (arggggggggggggg). Tiven sortei, topeime con Dieste e "Dos arquivos do trasno" para lembrarme dos meus anos de escola :)

"A unidade emotiva conséguese no conto pola obsesión do que ten que sobrevivir"

11.12.06

Resaca de apatía




Dis que as pontes (feiras, vacacións inxustificadas, bla bla bla) están para descansar. Despois de un case imposible viaxe en bus ata Ourense, 4 horas de ida e volta á Coruña e dúas de tren para Compostela solicito o beneficio da duda. 3 días perdendo o tempo mentres pensaba como perdelo aínda pesan, e mais se todo está pechado e non atopo a Constantine por ningures (xa teño o 4 calentiño na casa...juas juas).
Queixarse é un dereito constitucional. Punto e pelota.

Retomando os aires composteláns lembrei que sumerxida no universo pedrojotense, no libro de estilo do seu fillo pródigo topei cun curioso apéndice titulado "Cien propuestas para regenerar España" (páxinas 129-159) donde os compis solicitan, entre outros:
- Referendos de autodeterminación (28º propuestas)
- Despenalización del consumo de drogas (26º propuesta)
- Despenalización da eutanasia activa e o aborto voluntario
- Referendums vinculantes e Iniciativa Lexislativa Popular

E un sorprendente etcétera (porque non nos ensinou Freixanes esto en clases?) Pss, xornalistas, nunca deixadesme de sorprender. En que momento perdería J a súa fe no español medio? Xa din os que saben, non hai peor cínico que un idealista frustrado, jur jur

O outro día ouvín o Fraga dicir que el era un home "de centro, del centro de toda la vida", agora leoo afirmando que Pinochet deixou Chile moito mellor do que estaba. Esta noite soñei que vivia na rúa Presidente Fraga...Visto o visto prefiro mirarme os pés, que hai quen di que teñen clase :P

3.12.06

Tan só un apunte

"unha letra de canción se lle quitas a música quédase nun mal poema".
Tom Yorke dixit. Vía Muzikalia, yeah
Ala, agora a escoitar de outra forma o hip hop e os cantautores; se os Beatles cantaran "este é o meu dedo, mira o meu dedo, está na miña man e non hai outro igual, mira o meu dedo, coa súa unlla ó final..." seguirían sendo os Beatles.
"In a deep deep sleep of the innocent I am born again. In a fast german car I'm amazed that I survived. An airbag saved my life"
Confía sempre nos pelirroxos (nos louros?)
Bos días pola maña, facía meses que non me erguía tan cedo un domingo

2.12.06

I'm waiting for the man



"Cortacéspedes distantes ronronean mantras satisfechos..."


"Y llenan sus plumas con tus jugos vitales, sorben tu experiencia, la plasman sin cuidado alguno en las paredes de estos manicomios en ruinas que se llaman libros"



Alegrachesme o día co regalo sorpresa...graciñas, fora un día estrano pero non freak (paradoxas...), agora podo mergullarme a gusto en mundos imposibles, ou non tanto? Demo da fame, diaño do capitalismo, cerdo de catro cabezas e vudú nunha solaina neoiorquina.
A próxima vez que quede sin tabaco chamarei por John Constantine


O importante é saber que o idílico non é idílico (8.45 AM)
Ou era o revés? Acepto suxerencias semióticas e semánticas :P

1.12.06

Creo que comezamos durmir as 10, ti te lembras?

Podes dicir o que queiras, as mañas de bágoas e as visitas inesperadas a media tarde obrigan a calqueira a precisar urxentemente unha cervexa...ou tres ou catro ou cinco.
Afortunadamente onte non foi unha saída gratuíta; magosto das CAF e o Son do Galpón a tocares por alí (coa rodilla no chao!!!!), rimas en galego ("para que non se convirta en latín"sic.) e percusión guitarra e violín para un ritmo que pode traer cola (xulguen vostedes no YouTube). E como fin de cartaz "prezos populares", que sempre é de agradecer.

E despois toca o que toca; Compostela é unha cidade de bellas rutinas e moita pedra que pasear nunha mañá chuviosa. Acabei escapandome o meu refuxio para logo sorrir dende a ventá como nun filme de Capra e sentir que non merezco as cousas que me pasan. Discúlpenme vostedes...o paverismo é un mal menor da resaca :)

"Dame pánico miralo eu tamén (con racionalidade)....auténtico pánico"
A filosofía ten como misión proxecta-lo futuro a través da acción. Entón convertiráse en vontade e non en mera especulación racional. Cieszkowski
Sintoo, escribir verbo do pensamento é o meu deber patrio e democrático...como o resto do español medio falo sen saber nin que me importe....a xente desbarra a gusto.