27.2.07

You're not rid of me (Wacht out)




Tie yourself to me
No one else
No, you're not rid of me
Hmm you're not rid of me

Night and day I breathe
Ah hah ay
Hey, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me

I beg you, my darling
Don't leave me, I'm hurting

Lick my legs I'm on fire
Lick my legs of desire

I'll tie your legs
Keep you against my chest
Oh, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me

I'll make you lick my injuries
I'm gonna twist your head off, see

Till you say don't you wish you never never met her?
Don't you don't you wish you never never met her?

I beg you my darling
Don't leave me, I'm hurting

Big lonely above everything
Above everyday, I'm hurting

Lick my legs, I'm on fire
Lick my legs of desire
Yeah, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me


Lembreime hoxe de que me debía unha venganza. Hai cancións que serven por igual ós sentimentos máis nobles e ós máis execrables.
Regálovos uns minutos de desenfadada, pura e crúa perversidade.

PD: A conversa con Leno non ten prezo. A naturalidade tampouco

26.2.07

Non me pregunten, que eu xa dixitalicei

"...os cadernos virtuais son o rastro das cousas que lle pasan ás persoas: as súas viaxes, os seus intres de aburrimento no fogar e coa chuvia batendo forte nos cristais, o momento no que coñecen ó seu compañeiro/a e o momento en que se despiden del ou dela..."

Gústame, por simple, sinceira e sen pretensións, a ilustración que unha vez máis fan os rapaces de Código Cero do perverso universo das bitácoras. Esta vez, co gallo de recoller unha iniciativa que non sei se calificar de geek, maligna ou, directamente, estúpida. As "mentes pensantes" de Microsoft veñen de presentar na Scientific American (regodeándose un pouco, a verdade) o MyLifeBits, un intento por crear unha copia dixital de todas as lembranzas que cada un de nós almacenamos ano tras ano; unha gravación virtual da nosa vida.

O experimento personalizouse e ten nome e cara. O investigador inglés Gordon Bell leva os últimos cinco anos gravando as súas conversas telefónicas, as páxinas web que visita, a música que escoita, os emails, libros, revistas e demais "literatura" que lee, fotografías (unhas dous mil ó día) do que ve e mesmo os seus latexos do corazón, as alteracións térmicas e seica olores. De momento leva almacenados 150 Gb que, se o pensan ben, non é moito. Este betxo meu so ten un ano e xa leva 40...

O volume de datos da medo, xa non por cantidade senón por amplitude de aspectos...Di Bell que ve o proxecto coma unha memoria de reposto "en caso de que se me esquezan feitos que aconteceron na miña vida." Se eu chegara á vellez cun alzheimer galopante (madera!) e me topara con semexante base de datos mataríame a dor de non recoñecerme neles. Non sei se Bell so plantexaría dese xeito.
Como polémico ser é un rato, cada un o lexitima como pode. Bell, que é médico di que lle resultará moi útil cando o doutor lle pregunte "E cando comenzou a mostrar estes síntomas?", especialmente en casos cardíacos (claro, de ahí o dos latexos) e os de Microsoft, que poñen a pasta, apelan a Vannevar Bush como visionario do invento, malia que algúns entenderon e explicaron (mellor ca min) o seu proxecto de xeito diferente.

A min lembroume un pouco a esas cápsulas do tempo que deberon estar de moda no mundo anglosaxon ala polos 50,60 (e digo anglosaxón porque, como as taquillas de instituto, eu so as teño visto en pelis), tesouros que un manda ó futuro nun intento, un pouco consciente, un pouco subconsciente, de prolongarse no tempo máis aló do estrictamente recomendable.
Quizais o das blogs sexa un pouco así e por eso en Código fixeron a asociación. Pero a min este exercicio de continuidade gústame e váleme de algo por obrigarme a seleccionar, a profundizar e a traducirme ó resto dos mortais. A memoria dixital de Bell non consegue ningunha das tres.
E ademais, se paso do sitio Blogger mo pecha, así que, de "morrer", non será por isto que a miña memoria perdure no espazo-tempo, por moi virtual que sexa.

A modo de postdata: O artigo insiste na idea de que, se suprimísemos o banal da nosa vida cuns cantos gigas teríamos dabondo para gardar 60 anos de lembrazas (mirade en que pouca cousa quédase o "esencial"). Nótese que o banal opúxose a páxinas web visitadas, cheiros percibidos e cambios de temperatura (iso sí se garda). Lectura do mundo en clave xornalística: o que non se pode ou custa moito contar non se conta, ergo, non existe. Os insomnios brilantes, os delirios febriles, as noite de viño e rosas e demais noumenos son, señores meus, frivolidades...

24.2.07

Meu Deus...

que maliña estou!

Nota mental: Nunca saias da casa estando enferma. A cervexa e o clima compostelán aliaránse contra ti. Nin sequera cando o cometido sexa derrotar ó Dr. Octopus; nin por esas

Era así a receta? Espero que funcione porque a febre estame facendo deliraaaaaaaaaaaar

21.2.07

Repasando un universo de prodixios (spoiler?)

Entre máscara e máscara (e falo de xeito literal) quedoume deste antroido tempo para fagocitar o Marvels de Kurt Bussiek (guión) e Alex Ross (debuxo); unha obra da que di a crítica (sempre ben pagada, pareceme a min) que é do mellorciño que ten saído en BD nos últimos anos. Xa ves.

A historia é un intento de facer un repaso do inxente universo Marvel a través da visión dos humáns, preguntándose coma nós (ou, alomenos, algún de nós) veríamos ós superheroes se estes andiveran realmente a facer das súas polas nosas rúas e puideramos atopalos cada vez que doblásemos a esquina.
A excusa é un xornalista, Phil Seldon, buscando a foto perfecta destes prodixios que fan de Nova Iorque o seu fogar. Seguindo o ir e devir de Seldon, Bussiek precisa de 256 páxinas para argumentar que a xente de a pé é demasiado orgullosa para asumir que non sempre somos quen de sacarnos as castañas do fogo e que non sabemos dar as grazas cando uns que saben e poden máis ca nós salvan o mundo no que vivimos...e o fan sen pedir nada a cambio (polo menos aparentemente).

Argumento de orixinalidade 0; ese é o principal problema. O tomo comeza cunha historia sobre a Antorcha Humana que promete moito, pero no resto das páxinas a narración vai creando puntos de tensión que non se resolven, que non contan nada, nos que nunca pasan nada. O peor, sigues lendo e lendo esperando O GRAN ACTO e este non chega...nunca.

Non da a idea para moito ou é tan só un problema de redación do guión? Malia que o grande de Stan Lee afirmara na introdución da obra que esta ia abrir unha nova era no mundo dos cómics de superheroes na que o que contaría sería o noso punto de vista, o certo é que eu, cando leo historietas busco escaparme un pouquiño das xentes de baixa catadura moral coas que me codeo a diario. E xa falei algunha vez do valor preventivo que a evasión freak ten co mundo.
A min a "visión humana", realmente, tenme un tanto saturada (xa che digo, deformación profesional). As láminas máis fermosas de Ross son as loitas entre os prodixios pero estes non teñen, aquí, nin voz nin voto....e ti esperando a que se fagan oir!

Debe ser, digo eu, que esta é un obra para Marvelitas expertos. Claro, a min, que ultimamente sufro de vértigo, supóme a pouco, aínda que me trouxo boas lembranzas (sempre agradezo ver a Spidey subido a algún tellado).

E para falar de antoloxías de superheroes a Distinguida Competencia publicou pouco tempo despois (1996) os tomos de Kingdom Come (debuxo do mesmo Ross, por certo). Lin os dous primeiros con présa e mal en terras valencias, pero lembro que o argumento de loitas internas entre heroes cautivárame moito máis, especialmente o Superman maduro (a piques da vellez) de Waid e Ross. Mira ti, non pensaba eu que a estas alturas o superhome forame conquistar...tampouco pensei que este puidera ser algunha vez decadente e...case case, cínico.
Reclamando a fantasía e a capacidade para porme na pel de xentes que non teñen nada que ver co que son ou serei algunha vez renego de historietas de superheroes nas que estes non existen ou non se deixan ver...porque non, porque de realidade xa estou farta. Porque non entendin porque Marvels recibiu tanto premios, porque seguro que algúen vaime argumentar o contrario :P

And it is in that characteristicSuperman stands alone.
Superman didn't become Superman.
Superman was born Superman.
When Superman wakes upin the morning, he's Superman.
His alter ego is Clark Kent.

Kill Bill 2

11.2.07

Swamp Thing


En días como estes cando os ceos non nos dan nin un respiro non se me ocurre outro persoaxe que evocar que a Cousa do Pantano; non vaia ser que todos acabemos así nalgún momento. A espera da baixada da peli do Wes Craven e tomos da saga (a compra física xa chegará, non me maldigan!!) atopo no Tubo estes debuxos que lembran, sospeitosamente, ó Capitán Planeta da infancia xabarinística (febre ecoloxista dos 90?). Ollo á banda sonora!

Por ter "protagonizado" unha fermosísima escea de amor/luxuria nas páxinas de Hellblazer e ser a man da que chega Constantine ó mundo ben merece unha homenaxe (música de The Chameleons de fondo). E todo por un novo tour de force de Mr. Moore...jojo
Xa non é un ser humán animado polas plantas e a súa vontade de seguir vivo, senón un conxunto de plantas, animadas pola súa vontade de ser humán

8.2.07

Video killed the radio star (Ah ah!)

O outro día sorprendinme a min mesma devorando unha bolsa de codias de porco ante os primeiros capítulos (seica capítulos piloto) da inesquecible Corrupción en Miami. O exercicio, non se sabe moi ben se moi naïf ou moi friki, quedou sobradamente xustificado por atoparme eu nunha sala de proxección das de pantalla grande. Aínda máis (temblade gafapasta!), atopábame eu no auditorio dese maravilloso cubo Made In Siza que é o CGAC, e, por se interesa, non estaba eu a ver unha vella serie de TV senón a asistir a un exercicio de VIDEOCLISIÓN.

Co subtítulo de "Tramas, contaxios e mutacións no teu televisor", esto da Videoclisión é o último que se lles ten ocurrido os do CGAC para achegar o gran público eso "ó que algun dan en chamar Arte Contemporáneo" (sic Informativos Antena3, que non é cousa miña) e seica o nome é un neoloxismo mistura de videoclip e serie de televisión. Mira tí. A través de unha selección, cando menos heteróxena, de grandes momentos da caixa tonta que van dende un programa sobre as rapazas picantes ata a derradeira gala do GH (e a facer coñas a outra parte), a autora, Mery Cuesta, tenta expoñer como foi tomando forma aquelo dos vídeos para promocionar a música e como estes acadan un espazo na programación perdendo a súa identidade como xénero pero trasvasando as súas convencións a outros formatos.

Tal plantexamento debeulle valer a rapaza para que "os artistas" a tomarán en serio, pero a pícara ocultaba unha idea moita máis escura; descubrir as estrataxemas coas que perversos entes de galaxias lonxanas pretenden domina-lo Mundo. Así, citando a MacLuhan e a Brian May, Mery lanza curiosas ideas ó ar: o oscuro plan da MTV para vestirnos a todos con ombreiras a través de Miami Vice (estilo Duran Duran que din), os esforzos de David Hasselhof por promocionar a súa musica (Crazy for youuuuuuuuuu!) a través da voluptuosidade dos Vixiantes da Praia, a idea do "videoclip-soap opera" do que os adalides son Camela (LOL) ou o auxe e caída dos charity singles nos 80 para sacarnos a bágoas e os cartos.
Espazo para nostalxia quedou con La Bola de Cristal, o Top of The Pops e, jojo, The Young Ones (para os paisáns de acá Os Novos, como ben nos ensinaron...), actuación de Madness incluída. Vamos, una mistura divertida e...

Contar isto non conta moito. Aquel día había xente deixando os dentes nas codias e botando unhas risas con Sonny e Tubbs, pero non creo que ninguén buscase profundizar moito nunha idea que moi orixinal, a verdade, non é (aínda que sí as anécdotas, todo hai que dicilo). O plantexamento, ademais de non chegar a ningún lugar, quédase curto en razoamentos e exemplos (onde quedáronse, digo eu, os rapaces de UPA?) e, por un momento, ata me fixo pensar en benqueridos traballos de facultade que o profesor, benevolamente, aplaudiu.

Máis que nada, botei de menos que non se falara de cine. Aínda sigo esperando que alguén me explique o porqué do noxento delirio de Aronofsky en Requiém por un sono (grimaaaaaaaaa)

-> VIDEOCLISIÓN. Martes e xoves as sete e media no CGAC ata o 15 de febreiro. Entrada de balde