12.4.07

Do corazón, tripas


Do you still fancy me?
Did you ever love me?

Closer. Mike Nichols, 2004.

Un antigo pecado dicíame moi a míudo que o amor é así; un día espertaste e xa non estas namorado da túa parella. Non sabes porqué pero tampouco o podes evitar...e xa está.

Nunca supen (nin saberei) se era unha advertencia para min ou unha asimilación para si. Pero cando chegou o momento as cousas remataron así, dun día para outro...e xa non había nada que lle facer.

O filme fala diso, pero tamén da forza da culpa como estratexia para manter a xente o teu lado....Ó final Closer só é iso, unha historia de encontros e desencontros guiados pola febleza do amor e a forza da culpa e da soidade. Terror emocional se chegas a identificarte con tan só un dos diálogos...do máis visceral.

"Mas as mulheres do que gostam é amar. Subretudo quando não há ali mais ninguém que se preste a isso"

O Amor é Fodido. Miguel Steves Cardoso

2.4.07

Mmmmúsica (para non rachar coa tradición)

Escribiuse moitísimo por estes lares ultimamente sobre que cancións elixiríamos para eses momentos de íntima perversidade e intercambio de fluídos. A cuestión causou tanto tanto rebumbio que ata protagonizou algunha conversa no Maycar (creo) e chegou a este sitio por cortesía de Elianinha. Non me queda outra que deixarme ver.
O meu "top five", supoño, ben podería ser este...
- Swap Song.Blur (13). Por andarmos en territorios mornos e húmidos,claro. Flípame a voz de Damon Albarn e creo que ritmo cae ben, pero que moi ben. Ideal para encontros fugaces nos baños do Ruta (e só un exemplo!). Ademais, como non podía ser doutro xeito, se penso en pantano penso nesto, e logo neste e xa non hai nada que lle facer.

- Just Like Honey- Jesus & The Mary Chain (OST Lost in Translation). Algúen apuntou que esta canción coincide cun momento de paixón/tensión entre os protagonistas. Voltarei ver o filme algún día porque, debía estar en trance eu que non me lembro de nada (a banda sonora, ademais, apareceuseme moito despois). Para uns preliminares moi doces e quedar durmidos o terminar. E que todo vaia como a seda....

- Hurt. Nine Inch Nails (The Downward Spiral). Podería ter escollido a cover de Cash pero Nike escaralloume a idea. A orixinal, por outra parte, paréceme máis íntima e sensual. Para dolorosos polvos de despedida ou encontros malditos/prohibidos. A canción ten cambios de rasante sutís pero ideais para trastornos bipolares :P

-I’m your man. Leonard Cohen....mmmmm, aínda agardo que algún home pódame susurrar esta canción na orella....e que eu mo tome en serio, ainsssss! Para momentos de terciopelo amargados con moito gintonic (que sempre facilita as cousas).
No mesmo disco esta o Take This Waltz, que redondearía a noite cuns preliminares de película (sempre me fai pensar en Brando esa canción, cousa rara...) O enlace mandavos a unha páxina de compra onde poderedes escoitalas...para por o trailer do filme mellor non puña nada.

- E falando de buscar homes...jur jur, deixo caer o Holding out for a Hero de Bonnie Tyler. Tomadeo con humor...ou como mellor vos pareza. O vídeo acaba de redondear o cachondeo.


*De bonus track non me podía faltar o Rid of Me da sempre recurrente PJ. Pero claro...eso sería repetirme...así que vai fora de concurso.

*Na versión para coleccionistas ofrezo un valor engadido e, emulando a Raíña Vermella, inxerto un deses discos ós que lle das ó "repeat" e tes para toda a noite. The Virgin Suicides OST.


* E para acabar de estenderme deixar claro que eu, de escoller, escollo como mellor das músicas a respiración de meu acompañante. Hai cousas que requiren intimidade...

Mmmmm, paso a pelota ós que quedan....que no deben ser moitos!