17.7.09

Melancolía

...a dos venres pola tarde.

O bo da autoconsciencia é que sabes que sempre, pase o que pase, poderás vivir a través dos outros...incluso co inestimábel luxo de poder escoller.Pasa o tempo e a roda non para de xirar. Pecha os ollos, respira. Todo vai seguir alí cando volva.

7.1.09

Bolboretas




Es que hai días.....

5.1.09

De compras

Nalgunha parte de Marrocos fai algún millóns de anos paseábanse polos mares betxiños coma este...Unha Ketteraspis SP, dona e señora do Devónico....Trilobite pouco estudado e nada amigo da literatura (non se lle adicaron apenas letras) da que non me atrevo a dicir máis que que é ben bonitiña.
Hoxe, Noite de Reis (ou o que queirades) escolloa como agasallo para lanzar á rede, acompañado dun bico, para quen me esté observando.


Fíxense que cousas....comecei o ano buscando fósiles, meu deus