11.12.08

Coma un fénix

Nunsa sabes cando algunha circunstancia vaiche facer lembrar algo que tiñas, digamos, discretamente escondido.Nunca.



Hoxe, coma un relato dos mellores, alguen descubríame un segredo deses que agochas por decoro e co que ansías polemizar.




Hoxe alguen lembroume, sen decatarse nin o máis mínimo e sen que isa fora a sua intención, que amo este sito porque o meu egocentrismo mo esixe.



Porque é a árbore que prantei, o libro que escribín e o fillo que o parín.



Porque mal que ven estes noumenos son a parte de min que quixen facer pública e que pulín, con máis pudor ou con menos, para convertilos no que VÓS ledes.



Ou non ledes, xa dame igual.





Cambiei de traballo. Cambiei de berce Cambei de hábitos. Incluso....se me apuras...cambiei de musas....e musos....

Pero os noumenos seguen sendo noumenos.



Porque a filosofía (¿?) é o que ten.Falamos de conceptos (ais, que medo) universais.



Xa teño un desexo,e non necesariamente para aninovo.





Seguir dando guerra

7.7.08

En tempos de crise...


...as margaridas seguen sendo de balde.





Sorrían por favor :)

28.6.08

28/6

Mari - Festa - Acción!

27.6.08

Long Island Ice Tea

- Vodka 2/12

- Ginebra 2/12

- Ron claro 2/12

- Tequila 2/12

- Triple Sec 2/12

- Zume de limón 1/12

- Refresco de cola 1/12



....Ou como mesturar todo o que haxa no teu minibar dándolle un gusto non alcohólico (de verdade, sabe a té!) para ir tumbando xente por aí mentres a tua mente maquina actos perversos......E no tocadiscos









Para agora que xa estamos de cheo no vrau....pena que nos bares de Milán a unha non lle deixen fumar....así perdese todo a maxia anos 40
:P

26.6.08

Achtung!

Ás veces hai que pararse a pensar. Sobre todo cando as cousas precipitánse. Cando das un xiro de 360º. Ou cando xa o deron por tí.


Hoxe pensei pouco pero sentín moito.


O mellor levo tempo equivocandome con vós.






O caso é evitar que por un casual perda un parafuso....ou dous......
Vedes? Estas son as vantaxes de non actualizar en moitísmo tempo.....o pudor disípase....

12.2.08

(...)




A vida vai máis deprisa ca min...non quero días de 25 horas

7.1.08

Demagoxia (made in USA, pero da casa)

Hai cousas das que un non pode escapar...polo menos se de cando en vez consulta algún medio ou se ten algo de curiosidade pola política internacional...ou aínda que non a teñas....o das eleccións estadounidenses non está deixando indeferente a ningúen e ten tanto ou máis seguimento que calquera outra de país veciño (salvo....un pouquichiño, as de Francia, pero é que a Sarkozy hai que darlle de comer a parte...) E non deixa indiferente non porque como publicaba este señor no País o domingo o futuro presi vaia ser a persoa máis poderosa do mundo (non estou eu moi convencida disto...) senón porque o lío que montan os ianquis ó redor das elecciónss é do máis xugoso...como un culebrón entrañable que non podes deixar de seguir....e que ademais se presta a un sinfín de comentarios....

E como o de opinar é gratis e neste país, ademais, tradición nacional....


O triunfo de Huckabee nos caucus de Iowa....que toda a prensa española insitiu en destacar como imprescindibilísimos e explicar polo miúdo (incluída a gratuíta) non ten prezo. Quedome co comentario dun compañeiro "Huckabee é un valor en política que aínda está por descubrir, vai ser o futuro"... O meu compañeiro en sí ten un humor moi negro, todo hai que dicilo, pero os dous sabemos que un pouco sí que ese é o futuro.... E senón, xa víchedes os resultados. Os científicos acojónanse (perdón), normal, e poñen o grito no ceo sutilmente....


"Former Arkansas governor Huckabee said in a debate in May that he did not believe in evolution.

A poll conducted last year showed that 53 percent of Americans do believe that humans developed over millions of years from less advanced forms of life -- the theory of evolution -- while 47 percent do not."




Un culebrón de ciencia ficción....marabilloso. Por certo...estou convencida de que huckabee significa algo....e non son capaz de lembralo...estou convencida de que alguén resolverá a miña dúbida....

E pola parte demócrata a cuestión é, aparentemente, menos preocupante (ou de chiste menos fácil)...o trinfo de Barack Obama Pero El Mundo está ahí para falar polos humáns de pouca palabra (se non sabes con que conto saír...remitase ó xornal) ...Que o comparen con Reagan (puntualizando, de centroesquerda) ou que titulen "Un negro hacia la Casa Blanca" (na portada do domingo, 6) . O mesmo artigo dicía que Hillary estaba acabada.... Eu sigo sen saber que me resultan máis improbable que alcanze o despacho oval....se un ou outro....



Para os visionarios...en Pluto Nash os dólares lunares levan a efixie da ex primeira dama gravados....mmmmmm......