29.3.07

Virus con zapatos (In Memoriam)

- Que temos de especial, carallo? Non somos uns capullos egoístas que fodemos o planeta? Un,un virus con zapatos...
- Bill Hicks
- Eh?
- Bill Hicks. "Virus con zapatos" Dixoo el, non?
- Non sabía que che gustaba Bill Hicks...!!
- Xa che digo
- Xesús! Incansable, o chivo, o rock contra a droga é unha merda...gústache todo iso?
- Ajá... De feito, unha vez vin o seu show
-Qué?
- E ata o coñecín...
- QUÉ?!
Predicador. Rumbo al sur(3 de 3)

Por aquí falouse moito de cinismo e de sentido crítico. O cinismo quedou xa claro que non tiña que conlevar, necesariamente, malos pensamentos ou trazos de misantropía. So é eso...cinismo; unha axudiña para levantarse cada día con mais ou menos enerxía...igual que outros toman café ou consumen pornografía (a combinación das tres tamén é válida,claro).
E a verdadeira arte do cinismo, paréceme a min, é saber reconvertelo en (bo) humor sen caer en tópico fáciles ou sen adoptar unha pose chic-progre-pseudointelectual. Ou adoptala cando aínda non era marketing.

Gustame o humor de Bill Hicks por intelixente, por autodestructivo sen autocompaixón, por non ser políticamente correcto e por non selo por unha estratexia de ventas. Ou quizás por pertencer a unha época no que o de ser ou non ser políticamente correcto aínda non estaba tan ben delimitado.
Pero sobre todo gústame por canalla. Canalla, canalla, canalla.

Cousas da memoria...nunca sabes en que momento, ou porque conxunción astral (¿?) vaste lembrar de cousas que hai tempo deixaras atrás. En tempos londinense, dos que fai xa máis de dous anos (!!), pasei 5 meses bebendo té e vendo unha e outra vez vídeos de actuacións de Hicks...unha excusa tan boa como calquer outra para aprender a inglés. E dende aquelas, nunca máis.
E de súpeto, reatópome con Bill nunha historieta tan canalla coma el. O Preacher de Garth Ennis e Steve Dillon era o marco perfecto para traelo de volta, a medio camiño entre Johny Cash e John Wayne; dándolle forma ó mito moderno norteamericán dun xeito que, a pesares de modas (ou necesidades) anti-ianquis, a min aínda me fascina. Melancolía tinguida de cinismo, unha esperanza sedade con humor.
Deixovos con el, para que disfrutedes.


"By the way, if anyone here is in advertising or marketing, kill yourself. No, this is not a joke: kill yourself . . . I know what the marketing people are thinking now too: 'Oh. He's going for that anti-marketing dollar. That's a good market.' Oh man, I am not doing that, you fucking evil scumbags."

Hicks morreu o 26 de febreiro de 1994. Cancro de pancreas, polo visto. Orixinal ata na súa morte (non teríades apostado por un de pulmón?)


12.3.07

In Vino Veritas



Calquer excusa é boa para escaparse (en tódolos posibles sentidos da palabra) un par de días...
E menguar menguar menguar ata casi desaparecer...e sorrir moito, moitísimo.

Aínda non rematou a fin de semana, deixenme uns minutiños máis...

5.3.07

Mmmmmm...(cara de poucos amigos)

Vía La Haine

A masa enfurecida nunca trae nada bo...Habería que pedirlle ós que "están arriba" que non fixeran nunca enfurecer a masa.
Mira ti...unha cousa menos que ver cando vaia a Copenhague...mundo este, pardiez!

2.3.07

Que nos quiten o bailao!













Alma...cada un coida da súa alma como pode, como quere. Eu o outro día cuidei da miña e lembro que pensei que boas son as belas artes para ela.

Alma é o nome do último espectáculo de Ananda Dansa, unha compañía de baile que o pasado 27 e 28 de febreiro deu no Teatro Principal de Compostela as súas únicas actuacións por estas terras, ás que tiven o honor de asistir e, ademais, con invitación VIP (fardei moitísimo na cola do teatro :P ). Nunca antes vira un espectáculo de danza e quedei abraiada pola forza que poden transmitir sete corpos en continuo movemento. Unha harmonía perfecta de música, movemento, cor e humanidade que emocionaría a calquera.



Os de Ananda, compañía decana de Valencia que foi premiada co Premio Nacional de Danza na modalidade de creación trouxeronnos un espectáculo que, polo visto, é resumen e homenaxe dos 25 anos que levan nas tablas, bailando e bailando. Divido en catro escenas que seguen os imperativos de Víveo, Párao, Pásao e Amao (tedes o programa aquí, para máis información) o espectáculo pareceume un canto cheo de vitalidade e optimismo ó mundo do baile, un arte ó que non sempre se valora como é debido (en Compostela non hai queixa, cada ano dámonos un atracón).


Por unha hora sete bailaríns pasaron de lembrar os anos de xuventude e ilusión da compañía cunha festa entre amigos a falar da morte e dos que non están, fixeron crítica social (con moito humor...que tamén se agradece) e remataron invitándonnos a todos a desfrutar da danza, a facela nosa, a amala nos movementos dunha parella bailándose entre frores que se desintegran a medida que van caendo. Do ceo ó chan.

"Un discurso caligrafiado coa escritura dos corpos", "un espectáculo que trate da viaxe como experiencia, sobre a madurez, sobre a alegría de ter vivido estes anos co pensamento alto e limpa a emoción do espíritu, como di Kavafis en Ítaca. "

Plas, plas, plas...quedei abraiada e encantada. Caéronseme as bágoas e fun un pouquiño máis feliz.

Ala, para daros envexa