2.3.07
Que nos quiten o bailao!
Alma...cada un coida da súa alma como pode, como quere. Eu o outro día cuidei da miña e lembro que pensei que boas son as belas artes para ela.
Alma é o nome do último espectáculo de Ananda Dansa, unha compañía de baile que o pasado 27 e 28 de febreiro deu no Teatro Principal de Compostela as súas únicas actuacións por estas terras, ás que tiven o honor de asistir e, ademais, con invitación VIP (fardei moitísimo na cola do teatro :P ). Nunca antes vira un espectáculo de danza e quedei abraiada pola forza que poden transmitir sete corpos en continuo movemento. Unha harmonía perfecta de música, movemento, cor e humanidade que emocionaría a calquera.
Os de Ananda, compañía decana de Valencia que foi premiada co Premio Nacional de Danza na modalidade de creación trouxeronnos un espectáculo que, polo visto, é resumen e homenaxe dos 25 anos que levan nas tablas, bailando e bailando. Divido en catro escenas que seguen os imperativos de Víveo, Párao, Pásao e Amao (tedes o programa aquí, para máis información) o espectáculo pareceume un canto cheo de vitalidade e optimismo ó mundo do baile, un arte ó que non sempre se valora como é debido (en Compostela non hai queixa, cada ano dámonos un atracón).
Por unha hora sete bailaríns pasaron de lembrar os anos de xuventude e ilusión da compañía cunha festa entre amigos a falar da morte e dos que non están, fixeron crítica social (con moito humor...que tamén se agradece) e remataron invitándonnos a todos a desfrutar da danza, a facela nosa, a amala nos movementos dunha parella bailándose entre frores que se desintegran a medida que van caendo. Do ceo ó chan.
"Un discurso caligrafiado coa escritura dos corpos", "un espectáculo que trate da viaxe como experiencia, sobre a madurez, sobre a alegría de ter vivido estes anos co pensamento alto e limpa a emoción do espíritu, como di Kavafis en Ítaca. "
Plas, plas, plas...quedei abraiada e encantada. Caéronseme as bágoas e fun un pouquiño máis feliz.
Ala, para daros envexa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 Ti dirás:
Ei confesar que nunca asistin a un espectáculo de danza. É unha cousa que gostaría de ver e tiña pensado ir á representación que mencionas, pero diversos problemas fixérono imposible.
Outra vez será...
Pois si que da envexa, si... Sobre todo porque ten moi boa pinta e eu recoñezo que a danza (a non ser a máis clásica, que algo teño visto) é un mundo descoñecido para min. Claro que sempre defendo que para desfrutar coa beleza non é necesario ser un erudito no tema (aínda que certo coñecemento lle preste matices á experiencia).
Lido hoxe o t´tulo do post cobra outro significado...
Pois si que sabía deste sitio pero non te identificaba -perdoa-.
Ola rula!
eiche agradecer por moito tempo darme a coñecer o mundo da danza (o que hai máis aló do espazo que queda na miña habitación entre a cama e o espello).
Con esta actuación esvaeceuse un peso do que adolecía a danza da miña testa: "es ARTE y es guay, a pesar de ser un espectáculo denso y cerrado en sí mismo".
Agora só me queda ir unhas cantas veces máis a ver danza contemporánea para liberarme do meu prexuízo snob contra os gustos snobs.
deica
Publicar un comentario