2.4.07

Mmmmúsica (para non rachar coa tradición)

Escribiuse moitísimo por estes lares ultimamente sobre que cancións elixiríamos para eses momentos de íntima perversidade e intercambio de fluídos. A cuestión causou tanto tanto rebumbio que ata protagonizou algunha conversa no Maycar (creo) e chegou a este sitio por cortesía de Elianinha. Non me queda outra que deixarme ver.
O meu "top five", supoño, ben podería ser este...
- Swap Song.Blur (13). Por andarmos en territorios mornos e húmidos,claro. Flípame a voz de Damon Albarn e creo que ritmo cae ben, pero que moi ben. Ideal para encontros fugaces nos baños do Ruta (e só un exemplo!). Ademais, como non podía ser doutro xeito, se penso en pantano penso nesto, e logo neste e xa non hai nada que lle facer.

- Just Like Honey- Jesus & The Mary Chain (OST Lost in Translation). Algúen apuntou que esta canción coincide cun momento de paixón/tensión entre os protagonistas. Voltarei ver o filme algún día porque, debía estar en trance eu que non me lembro de nada (a banda sonora, ademais, apareceuseme moito despois). Para uns preliminares moi doces e quedar durmidos o terminar. E que todo vaia como a seda....

- Hurt. Nine Inch Nails (The Downward Spiral). Podería ter escollido a cover de Cash pero Nike escaralloume a idea. A orixinal, por outra parte, paréceme máis íntima e sensual. Para dolorosos polvos de despedida ou encontros malditos/prohibidos. A canción ten cambios de rasante sutís pero ideais para trastornos bipolares :P

-I’m your man. Leonard Cohen....mmmmm, aínda agardo que algún home pódame susurrar esta canción na orella....e que eu mo tome en serio, ainsssss! Para momentos de terciopelo amargados con moito gintonic (que sempre facilita as cousas).
No mesmo disco esta o Take This Waltz, que redondearía a noite cuns preliminares de película (sempre me fai pensar en Brando esa canción, cousa rara...) O enlace mandavos a unha páxina de compra onde poderedes escoitalas...para por o trailer do filme mellor non puña nada.

- E falando de buscar homes...jur jur, deixo caer o Holding out for a Hero de Bonnie Tyler. Tomadeo con humor...ou como mellor vos pareza. O vídeo acaba de redondear o cachondeo.


*De bonus track non me podía faltar o Rid of Me da sempre recurrente PJ. Pero claro...eso sería repetirme...así que vai fora de concurso.

*Na versión para coleccionistas ofrezo un valor engadido e, emulando a Raíña Vermella, inxerto un deses discos ós que lle das ó "repeat" e tes para toda a noite. The Virgin Suicides OST.


* E para acabar de estenderme deixar claro que eu, de escoller, escollo como mellor das músicas a respiración de meu acompañante. Hai cousas que requiren intimidade...

Mmmmm, paso a pelota ós que quedan....que no deben ser moitos!

7 Ti dirás:

Arale Norimaki dijo...

Hmmm, Cohen ou Reznor, grandes dilemas concupiscentes...supoño que calquera dos dous vai ao pelo (e os demáis da escolla tamén)... moi boa escolla srta. Ailandra ;)

Zerovacas dijo...

É que o Maycar é o lugar máis axeitado para falar deste tema. De feito houbo quen suxeriu que a festa de mmmmúsicas, se chega a facerse, e non queda nunha brillante idea etílica, se faga no Maycar (aínda que supoño que é imposible pedirlle que cambie a música). Súmome ás felicitacións de Arale. BLur, NIN, Jesus..., Cohen, e mesmo PJ. Creo que vou cambiar as miñas.

O pastor eléctrico dijo...

Eu quédome con Reznor, NIN é estimulante abondo.
O problema do tema de Blur é que tendo a asocialo ao futbol e iso non é moi erótico...

A Raíña Vermella dijo...

A BSO das virxes suicidas... mmmm.... interesante.

ailandra dijo...

Mmmm, Maycar é uha bacanal tódalas noites, así que porque un día o sexa con música ad hoc supoño que non pasara nada...Todo é cuestión de negociar.
Pastor, eso son as vantaxes de non saber nada de fútbol, deixas espazo na cabeza para cousas...máis interesantes (como a líbido, jur jur)

Elianinha dijo...

Por que se falamos de sexo é inevitable que saia o Maicar?

Ra dijo...

"Just like honey", Cohen y Air...madre mia, que buena banda sonora!
UN saludo!