8.5.07

Breakfast in Swan's Way (usease, prousteemos!)



Fódeme (ups, que feo) voltar o dos memes tan cedo, máis que nada porque entre este e este tan só hai duas miserábeis anotacións e iso non lle senta nada ben o meu ego blogueiro. Pero dín que a ocasión a pintan calva e esta é unha excusa perfecta para actualizar sen darlle demasiado os miolos (encantame respostar preguntas, debería ter sido unha diva ou algo así).
Ademais non podo rexeitar unha invitación deste salón de té, así que tomen asento. Un azucarillo ou dous?

1. O principal rasgo do meu carácter?
A inestabilidade, para ben e para mal.

2. A calidade que prefiro nun home?
O carisma e a confianza (melloras na comunicación interpersoal....)

3. A calidade que prefiro nunha muller?
A lealdade.

*O sentido común é desexable para todos, claro.

4. O que máis aprecio nos meus amigos?
A comprensión e o feito de estaren "curados de espanto".

5. O meu principal defecto?
A inestabilidade...a inconstancia e claro, o egocentrismo.

6. A miña ocupación preferida?
Un té, cigarillos, a miña música e dende alí dúas opcións:
- 1º BD/novela/o meu betxo
- 2º Unha boa conversa.

7. O meu soño de dicha?
Tempo, tranquilidade, saúde e satisfación. Todo a grandes doses con boa comida, boa bebida, boa compaña, moitos gatos e unha vista fermosa pola ventá (esixo pouco, vamos).

8. Cal sería a miña maior desgraza?
Non ser capaz de ser o que sinto que debo ser

9. Que quixera ser?
Cando o sepa xa volo direi...prometo. De momento conformaríame con ser algo que me faga sentirme eu.

10. Onde desexaría vivir?
Compostela, agora mesmo non podo pensar noutro lugar que se acomode máis a min. De todas formas, polo momento tampouco podo pensar en asentarme en ningures....

11. A cor que prefiro?
O negro...sempre e para todo.

12. A flor que prefiro?
As margaridas que crecen en calquer césped. Poñeme de bo humor velas, todas gregarias elas... Custa escoller, o das frores pareceme o máis incríble do mundo.

13. O paxaro que prefiro?
A curuxa (quero unha Hedwig xa!!!)

14. Os meus autores preferidos en prosa?
O meu trinvirato persoal: Hemingway, Dickens, Cortázar.

15. Os meus poetas preferidos?
Pessoa e Lorca. Hai máis pero agora mesmo.... Aceptades Tom Waits? E Leonard Cohen?

16. Os meus heroes de ficción?
John Constantine (sintoo...que esperabades?)

17. As miñas heroínas de ficción?
Medea, por ser tan visceralmente humana. Leia, por selo tan pouco.

18. Os meus compositores preferidos?
Satie, Dvórak,Vinicius, Caetano,Miles Davies,Charlie Parker, Reed, Buckley,Reznor....PJ....e máis,cantos máis!!!

19. Os meus pintores predilectos?
Rubens, Vermeer, Modigliani, Magritte, Mattise e Gauguin (así, a bote pronto)

20. Os meus heroes da vida real?
A miña nai, sen dúbida.

21. As miñas heroínas históricas?
As esposas que viviron as súas vidas a través dos (falsos) éxitos dos seus maridos e das que nunca saberemos nada.

22. Os meus nomes favoritos?
Amal para ela, Alejandro para el (ou Alex, ou Aleixandre, ou Xandre...)

23. Que detesto máis que nada?
A displicencia, o desdén e a hipocresía (especialmente para cun mesmo)

24. Que caracteres históricos desprezo máis?
Os enchidos de poder, en xeral. Por riba de todo os que fixeron bas boas indeas e mellores intencións verdadeiros cataclismos sociais (pensade vós os exempros).

25. Que feito militar admiro máis?
Revolución dos Craveis

26. Que reforma admiro máis?
As que están por chegar.Todo é mellorable.

27. Que dons naturais quixeras ter?
Saber cantar, saber pintar, tocar algún instrumentos...valeríame o dominio sobre calquera das clásicas belas artes....un chisco de xenio creativo, meu deus.

28. Como me gustaría morrer?
Nun orgasmo. Sintoo polo meu acompañante...

30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os nados da preguiza ou do hedonismo....son moi benevola, que lle vou facer.

31. O meu lema?
Como un fénix, renace sempre das túas cinzas.

Á próxima taza convidaranos O Señor que Non ten Nada que Decir, O Vilán Cínicamente Friki, a Muller do Carcaj Cheo de Verbas Punzantes, a Androide Quasi Paranoica pero Repleta de Boas Intencións e a Xornalista Teatreira Pero Non Mentireira. There we go!

*Como curiosidade, comentar que, na facultade, o Proust era un exemplo do que NON deberiamos facer nunha entrevista, pola poca información real que aportaba dunha persoa. Así que xa sabedes, non vos creades NADA.


For a long time I used to go to bed early. Sometimes, when I had put out my candle, my eyes would close so quickly that I had not even time to say "I'm going to sleep."
Marcel Proust

5 Ti dirás:

O pastor eléctrico dijo...

Que ben! Outra máis na defensa de Leia.
Deume un punto nostálxico ler o de Buckley, que xa van 10 anos... Hose podería ser o máis grande músico da súa xeración.

A rapaza do arco dijo...

A min pásame ao contrario: son moi indecisa para contestar estas preguntas, semella que todo o mundo o ten moi claro pero eu paso demasiado tempo escollendo só algun ou algunha escritor/a pintor/a, etc. Total que tardo máis que para facer un post. Sería moita ofensa que me escapara da cadea? pero que conste que non é por non falar de min, eu cun café por díante falo do que faga falla :)Bicos

Arale Norimaki dijo...

Paranoide, así nos chaman agora aos psíquicos, hai que ver... que pouco respeto rediós... Se Bender te oíra...

O gato violeta dijo...

Apúntome ao da casa con vistas bonitas e moitos gatos :)
A min tamén me é dificil contestar esas preguntas, sobre todo porque teño unha memoria horrorrosa e nunca son capaz de recordar os nomes dos autores dos libros nin dos compositores ufff!

O Nadador dijo...

Sinto o retraso -abrir cara de vergonza- pero ata o de agora non tiña referencia do seu blog -pechar cara de vergonza-.

Non vou contestar,como dixo Juan Hernández Les, por dúas razóns:
-Por pudor.
-Non se me ocorre outra razón. Son vergonzoso pero agradezo o interese.