3.5.07

Shhhhh! Escoiten, escoiten...


Por algún motivo que eu nunca fun quen de adiviñar, en certas materias da miña facultade facíannos estudar páxinas e páxinas da historia dos medios de comunicación...especialmente da radio, vai ti saber porqué.
Despois de tres semanas de traballo (por fin) xornalístico (explica eso a miña ausencia?) acabeime de convencer de que a meirande parte do estudado alí de pouco o nada me vale na práctica. Máis en concreto, de que entre xornalistas as conversacións nunca son sobre os propios medios, moito menos sobre a súa historia. Pero como a todo hai que sacarlle o lado bó, eu gardo unha grata lembranza das miñas leccións sobre a dramatización radiofónica.

Ninguén me pode culpar por non lembrar os tempos de "Ama Rosa" (prf...) pero paseime a meirande parte das noites da miña infancia escoitando contos de fadas na voz dun radiocasette (os meus pais non eran dos de lerme na cama, que se lle vai facer...). Sempre foi un dos meus praceres segredos e aínda algunhas veces escoito esas cintas e ponseme a carne de galiña (hai cousas que nunca perden a maxia). Cando sendo universitaria atopeime con que existían "contos lidos para adultos" encheuseme o peito de alegría... e tamén de pesadumbre por ter chegado, unha vez máis, tarde.

 Marvin, Paranoid AndroidE como o das casualidades funciona así, o outro día, facendo actos mal vistos no SLSK, deime nos fuciños cos episodios do Hitchhiker's Guide to The Galaxy, unha comedia disparatada que un día se lle ocurriu a un tal Douglas Adams e que voltou tolos a boa cantidade de brits. Unha curiosidade intrahistórica que me descubriron uns curiosos patolóxicos e que ten xerado novelas, película, banda deseñada, serie de televisión, videoxogo e frikismo por doquier.


Claro, se estaba eso por ahí colgado habería máis...en pouco menos dunha semana o meu betxo encheuse de vellos programas de radio para o meu deleite. O último, o CBS Mistery Theater, un intento dos 70 por revivir o estilo dos 30 e 40, historias de terror e misterio escritas por Poe, Dickens ou completos descoñecidos que fuxiron do papel para as ondas.

Gustame o espido destes guións para radio...un traballo que, de ser malo, non hai forma de arreglar por máis cartos que poñas en efectos especiais, e as voces, aterciopeladas e graves, como chegadas dun tempo que xa non é o noso. Abraiame a capacidade dos técnicos de son ( daquelas ninguén lles debía chamar técnicos de nada...) para crear ambentes cos planos (a distancia á que un pon a súa voz do micro, gran cousa), as intensidades do son ou esos deliciosas larpeiradas freaks que son os efectos de son. Unha vez vin simular a explosión dunha nave espacial rompendo kellog's...todo un canto a creatividade. Seica agora podes baixarte todo iso da Internet....

E por riba de todo flípame o que ten de máxico pechar os ollos e que algúen (aínda que sexa unha máquina) te susurre marabillosas historias ó oído mentres vas quedando durmido. Dalgún xeito faime pensar en rapsodas, xugrares e literatura de tradición oral...malia que estexa mecanizado.
Imaxino que tamén hai un pouco de tenrura nesta modesta paixón. Deixando a un lado lembranzas infantís, o dos dramas radiofónicos é un pouco como o da banda deseñada, xoias creativas que non sempre foron ben tratadas polo gran público ou a Crítica (nótense as maiúsculas), seica porque, polo visto, non teñen nada de espectacular. Ben, supoño que é como o de quen prefire a fror do toxo á orquídea (e son moitos , menos mal).

Solicito ós que definen os imaxinarios populares (¿?) que lle retornen o título de Octavo Arte á radio. Hoxe moitos lle dan ese honor ós videoxogos....mmm, poderíamos pasalo para o décimo posto. Despois de todo, a música xa non é o que era e non por eso ninguén lle quitou o título...

*Se quiser ouvir máis....OTRF

Until next time, pleasant...dreams?
CBS Radio Mistery Theater


7 Ti dirás:

Unknown dijo...

ainsss, canto tempo sen pasar por aquí... benvida ó (duro) mundo laboral xornalístico!
Eu tamén era de contos en cassete, torturaba ós meus pais con eles no coche...que morriña

A Raíña Vermella dijo...

A min traumatizoume profundamente "Barba Azul" en cinta, ata que despois de moitos anos supereino grazas ao "Castelo de Barba Azul" de Bártok. Agora que xa sei que a porta da cámara sanguenta era algo tan cotiá como o dos kellog´s, xa podo durmir tranquila.
Moi interesante o post, gústame cando me achegades temas totalmente descoñecidos para min, como isto da radio. Un bico.

elduende dijo...

E lembra, o sentido da vida é 42...
...non me miredes así, alguén tiña que dicilo.

A Raíña Vermella dijo...

23!

O pastor eléctrico dijo...

Ei, elduende quitoumo da boca. Un dia resposteille iso a unha rapaza que me comentaba (de forma terriblemente aburrida) problemas metafísicos. 42? mandoume á merda.
Eu nunca fun de escoitar contos de pequeno, collinlle o truco máis maior. O que me perdin...

A Raíña Vermella dijo...

O Pastor e mais eu convidámoste, nos nosos respectivos blogs, a facer o cuestionario Proust, a ver se así coñecemos un pouco mais á misteriosa Ailandra:) (Isto molaría que o puxera o Pastor, en plan dicurso de nadal: "la reina y yo...")

ailandra dijo...

Misteriosa? Ja,ja! Non sei porque!!! Tomei nota da invitación e a actualización está en proceso.Paciencia, xa sabedes que esta é unha vía de tránsito lento....


É marabilloso sentirse tan arropada nesta comunidade friki friki....42!