8.7.07

Falar por boca de outros

Que ultimamente estase a converter nun costume....

"Escoitar a Battiato cando un é cativo dá unha sensación como de estar sentado diante dun xeroglífico. Agora sospeito que parte dese cripticismo que me fascinaba podía ter a ver con escoitalo en malas traducións ao castelán. Porén a voz deste señor é agora tan familiar para min que é como sentir un curmán extravagante explicando o difícil que é descubrir a alba dentro das sombras."

Samuel Solleiro (Ataque Escampe)


Non houbera descrito tan ben algo que sempre levei agachado no pudor. Marabillosas serendipias!

2 Ti dirás:

A Raíña Vermella dijo...

A min Battiato tamén me lembra a cando era pequena, e aínda hoxe parece evocar paises exóticos.

Anónimo dijo...

Olas!!! Bótote de menos...