11.12.08

Coma un fénix

Nunsa sabes cando algunha circunstancia vaiche facer lembrar algo que tiñas, digamos, discretamente escondido.Nunca.



Hoxe, coma un relato dos mellores, alguen descubríame un segredo deses que agochas por decoro e co que ansías polemizar.




Hoxe alguen lembroume, sen decatarse nin o máis mínimo e sen que isa fora a sua intención, que amo este sito porque o meu egocentrismo mo esixe.



Porque é a árbore que prantei, o libro que escribín e o fillo que o parín.



Porque mal que ven estes noumenos son a parte de min que quixen facer pública e que pulín, con máis pudor ou con menos, para convertilos no que VÓS ledes.



Ou non ledes, xa dame igual.





Cambiei de traballo. Cambiei de berce Cambei de hábitos. Incluso....se me apuras...cambiei de musas....e musos....

Pero os noumenos seguen sendo noumenos.



Porque a filosofía (¿?) é o que ten.Falamos de conceptos (ais, que medo) universais.



Xa teño un desexo,e non necesariamente para aninovo.





Seguir dando guerra

2 Ti dirás:

Arale Norimaki dijo...

pois de casualidade e de rebote porque habia seculos que non pasaba piriquí.... pero sí, lémoste. E coidaos ben... os meus ourilocelontes están nos osos os pobres.... biko rula!

A Raíña Vermella dijo...

E nós encantad@s con este esperado retorno ;)