29.11.06

Freaks do mundo...


Onte María Yañéz, xornalista galega e ex directora do portal Vieiros publicaba no xornal El País (aínda en estado de trance con Galicia dende a recente apertura da súa delegación territorial por estes lares) o artigo Gallegos, qué friquiños argumentando que o de "Nazón de Breogán" faríanos máis marxinais do que xa o somos por "rraros rraros", e explicando que "Corremos el riesgo de ser como los resentidos de gafas culovaso que nunca se comieron una rosca, pero que se lo pasan pipa dominando el mundo en los juegos de rol. Lo malo es cuando somos incapaces de hacernos valer en el mundo real."
Pobres das que somos frikis e galegas...dinnos que o rol mata xente e a banda deseñada é unha perda de tempo...e de seguro que o invento do futbolín fixo de nós territorio marxinado polo irman maior (dille Madrid, dille o que sexa...)
Prefiro freak a imbécil...e creo que uns cantos máis tamén.
Non sei que lle amargou o día á xornalista (muller da que, por outro lado, sempre valorei positivamente o seu traballo) para escribir isa perla de artigo, pero espero que a miña lectura fose errada e Yañez non pretendera dicirnos que afondar nunha diferencia cultural convirtennos en snobs ou en macacos pechando os ollos. Que tampouco pense que os freaks nunca se comeron un rosco na súa vida...teríalle moito que contar.

Moito millor sería que Bush xogara ao Risk nun tableiro e non no Oriente Próximo, amolaría moito menos. O rol ás veces é moi catárquico...ás semanas que levo sen xogar son as que ó mellor fixeronme pensar mal. Vivan os MUDS!!!!!


Hoxe voltou facer sol pero erguínme con malas novas; hai cousas que parece que nunca vanse acabar..

0 Ti dirás: