23.12.06

Lotería, Bill Gates, Inditex e outras pantasmas de Nadal

Comprobando na arañeira coa miña nai se eramos ou non, un ano máis, millonarias, preguntoume a doña que era iso do Mozzilla é alá comezou a miña arenga de explicacións sobre o software libre e as alternativas os emporios de M&M's... E nesto que a miña ben querida proxenitora chamoume a atención por terlle odio ó bo de Bill Gates, que seica semella estar salvando ó continente africán con sustanciosas doazóns para a busca dunha vacuna contra a malaria...

Fai iso, pregúntome eu, que teña que, por narices e por solidariedade, convertirme nunha fidelísima usuario do Explorer?

Non teño moi claro se a muller é un topo introducido por Bill na miña casa ou teme pola súas transaccións bancarias vendo o que se ve ultimamente e trazou a sútil liña mental "software libre-hackers-ladróns- filla terrorista", pero o caso e que a conversa acabou dexenerando nun conflicto paveril que a muller achacou a un ramalazo de adolescencia e sentenciou cun “o tempo xa te porá no teu sitio"

Para cando a conversación deuse por zanxada xa estabamos ante un cubículo Inditex de centro comercial para facer o último sprint navideño, que, unha ano máis, é o que se corresponde cos meus regalos.
Cando unha das loirísimas empregadas contestoume á pregunta de “E non os tes en negro?” cun berro incoherente a miña frustración xa chegara a límites críticos. Acabei fumando na entrada do shopping mentres a miña señora mercaba iogures (“xa que viñemos ata aquí...”)

PD1:Por certo, non somos ricas, pero, jojo, robolle a conexión a algún veciño emprudente e, por fin, teño banda larga TAMÉN en Ourense. Iso si é filantropía.

PD2:Quede claro que non critico esta acción de Bill Gates, só me sorprendo ante as extrañas maquinacións ás que deu lugar na mente da miña nai. Reconozco, no obstante, que esa suposta rebeldía xuvenil fíxome buscarlle tres pés ó gato a cuestión e levo un bo rato buscando unha trama oculta en Internet. Aínda non a atopei, queda dito.

PD3: Pobre mamá, eu penso que estas festas nos poñen un pouco tolos a todos

1 Ti dirás:

Arale Norimaki dijo...

Eu tamén mareei ao informático do meu curro para que me puxera mozilla (eu non podo instalar nada) e se xa me tiñan por "rariña" agora nin te conto...
Ánimo cos aspectos negativos destas festas..eu aínda non merquei os regalos (menos mal que teño ata o ano que ven ;P) e só saio á rúa pola noite ^^U