22.12.06
Scargots
Coñecinte baixo unha luz verde,
tan verde
que as lámpadas parecíanme embaloradas,
unha rocha comida pola erba.
E había caracois trepando polas paredes,
ollando curiosos canda nós,
escapando da auga que nos chegaba ós xeonllos,
e na que eu pensaba que había lampreas.
Por iso boteime a chorar,
e abrázachesme.
Dicíasme que non pasaba nada
que era normal, bo que nadarán por alí,
natural.
Sorrías pero tremabas,
e o que te daba medo era que terme así,
preto
Tranquilo... eu pensei que o que tiñas era frío
Farta estou dos meus insomnios, pardiez!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 Ti dirás:
Hmmm...luz verde e caracois...ata para a poesía eres inevitablemente friki ;)
Sácalle rendemento aos insomnios, máis posts!!! :P
Non presionar...doume conta de que o pudor aínda me limita moito, incluso conmigo mesma!!!
Publicar un comentario