21.2.07

Repasando un universo de prodixios (spoiler?)

Entre máscara e máscara (e falo de xeito literal) quedoume deste antroido tempo para fagocitar o Marvels de Kurt Bussiek (guión) e Alex Ross (debuxo); unha obra da que di a crítica (sempre ben pagada, pareceme a min) que é do mellorciño que ten saído en BD nos últimos anos. Xa ves.

A historia é un intento de facer un repaso do inxente universo Marvel a través da visión dos humáns, preguntándose coma nós (ou, alomenos, algún de nós) veríamos ós superheroes se estes andiveran realmente a facer das súas polas nosas rúas e puideramos atopalos cada vez que doblásemos a esquina.
A excusa é un xornalista, Phil Seldon, buscando a foto perfecta destes prodixios que fan de Nova Iorque o seu fogar. Seguindo o ir e devir de Seldon, Bussiek precisa de 256 páxinas para argumentar que a xente de a pé é demasiado orgullosa para asumir que non sempre somos quen de sacarnos as castañas do fogo e que non sabemos dar as grazas cando uns que saben e poden máis ca nós salvan o mundo no que vivimos...e o fan sen pedir nada a cambio (polo menos aparentemente).

Argumento de orixinalidade 0; ese é o principal problema. O tomo comeza cunha historia sobre a Antorcha Humana que promete moito, pero no resto das páxinas a narración vai creando puntos de tensión que non se resolven, que non contan nada, nos que nunca pasan nada. O peor, sigues lendo e lendo esperando O GRAN ACTO e este non chega...nunca.

Non da a idea para moito ou é tan só un problema de redación do guión? Malia que o grande de Stan Lee afirmara na introdución da obra que esta ia abrir unha nova era no mundo dos cómics de superheroes na que o que contaría sería o noso punto de vista, o certo é que eu, cando leo historietas busco escaparme un pouquiño das xentes de baixa catadura moral coas que me codeo a diario. E xa falei algunha vez do valor preventivo que a evasión freak ten co mundo.
A min a "visión humana", realmente, tenme un tanto saturada (xa che digo, deformación profesional). As láminas máis fermosas de Ross son as loitas entre os prodixios pero estes non teñen, aquí, nin voz nin voto....e ti esperando a que se fagan oir!

Debe ser, digo eu, que esta é un obra para Marvelitas expertos. Claro, a min, que ultimamente sufro de vértigo, supóme a pouco, aínda que me trouxo boas lembranzas (sempre agradezo ver a Spidey subido a algún tellado).

E para falar de antoloxías de superheroes a Distinguida Competencia publicou pouco tempo despois (1996) os tomos de Kingdom Come (debuxo do mesmo Ross, por certo). Lin os dous primeiros con présa e mal en terras valencias, pero lembro que o argumento de loitas internas entre heroes cautivárame moito máis, especialmente o Superman maduro (a piques da vellez) de Waid e Ross. Mira ti, non pensaba eu que a estas alturas o superhome forame conquistar...tampouco pensei que este puidera ser algunha vez decadente e...case case, cínico.
Reclamando a fantasía e a capacidade para porme na pel de xentes que non teñen nada que ver co que son ou serei algunha vez renego de historietas de superheroes nas que estes non existen ou non se deixan ver...porque non, porque de realidade xa estou farta. Porque non entendin porque Marvels recibiu tanto premios, porque seguro que algúen vaime argumentar o contrario :P

And it is in that characteristicSuperman stands alone.
Superman didn't become Superman.
Superman was born Superman.
When Superman wakes upin the morning, he's Superman.
His alter ego is Clark Kent.

Kill Bill 2

1 Ti dirás:

Arale Norimaki dijo...

Arrrr, que estilazo Srta.Ailandra! Logo da febril exposición de onte e este ilustrativo texto quédame claro en qué non vou gastar os cartos.
En fins, ao grano: Arrriba a evasión friki!!

Porsierto: bso de rocky horror picture show de fondo e un libro de Z.Bauman recén mercado ao meu carón. Que malas che son as resacas...
PS2 (¬¬U): Non teño voz