8.2.07

Video killed the radio star (Ah ah!)

O outro día sorprendinme a min mesma devorando unha bolsa de codias de porco ante os primeiros capítulos (seica capítulos piloto) da inesquecible Corrupción en Miami. O exercicio, non se sabe moi ben se moi naïf ou moi friki, quedou sobradamente xustificado por atoparme eu nunha sala de proxección das de pantalla grande. Aínda máis (temblade gafapasta!), atopábame eu no auditorio dese maravilloso cubo Made In Siza que é o CGAC, e, por se interesa, non estaba eu a ver unha vella serie de TV senón a asistir a un exercicio de VIDEOCLISIÓN.

Co subtítulo de "Tramas, contaxios e mutacións no teu televisor", esto da Videoclisión é o último que se lles ten ocurrido os do CGAC para achegar o gran público eso "ó que algun dan en chamar Arte Contemporáneo" (sic Informativos Antena3, que non é cousa miña) e seica o nome é un neoloxismo mistura de videoclip e serie de televisión. Mira tí. A través de unha selección, cando menos heteróxena, de grandes momentos da caixa tonta que van dende un programa sobre as rapazas picantes ata a derradeira gala do GH (e a facer coñas a outra parte), a autora, Mery Cuesta, tenta expoñer como foi tomando forma aquelo dos vídeos para promocionar a música e como estes acadan un espazo na programación perdendo a súa identidade como xénero pero trasvasando as súas convencións a outros formatos.

Tal plantexamento debeulle valer a rapaza para que "os artistas" a tomarán en serio, pero a pícara ocultaba unha idea moita máis escura; descubrir as estrataxemas coas que perversos entes de galaxias lonxanas pretenden domina-lo Mundo. Así, citando a MacLuhan e a Brian May, Mery lanza curiosas ideas ó ar: o oscuro plan da MTV para vestirnos a todos con ombreiras a través de Miami Vice (estilo Duran Duran que din), os esforzos de David Hasselhof por promocionar a súa musica (Crazy for youuuuuuuuuu!) a través da voluptuosidade dos Vixiantes da Praia, a idea do "videoclip-soap opera" do que os adalides son Camela (LOL) ou o auxe e caída dos charity singles nos 80 para sacarnos a bágoas e os cartos.
Espazo para nostalxia quedou con La Bola de Cristal, o Top of The Pops e, jojo, The Young Ones (para os paisáns de acá Os Novos, como ben nos ensinaron...), actuación de Madness incluída. Vamos, una mistura divertida e...

Contar isto non conta moito. Aquel día había xente deixando os dentes nas codias e botando unhas risas con Sonny e Tubbs, pero non creo que ninguén buscase profundizar moito nunha idea que moi orixinal, a verdade, non é (aínda que sí as anécdotas, todo hai que dicilo). O plantexamento, ademais de non chegar a ningún lugar, quédase curto en razoamentos e exemplos (onde quedáronse, digo eu, os rapaces de UPA?) e, por un momento, ata me fixo pensar en benqueridos traballos de facultade que o profesor, benevolamente, aplaudiu.

Máis que nada, botei de menos que non se falara de cine. Aínda sigo esperando que alguén me explique o porqué do noxento delirio de Aronofsky en Requiém por un sono (grimaaaaaaaaa)

-> VIDEOCLISIÓN. Martes e xoves as sete e media no CGAC ata o 15 de febreiro. Entrada de balde

0 Ti dirás: