10.5.10

Opus

Para porme escribir  non preciso
máis
que autodisciplinarme na ximnasia de por verbas unha tras doutra
formando significados ceives de significante,
insignificando aquelo que sobra, hipertextualizando o que non se ve
buscar o marco perfecto que se forma entre as tuas mans
albiscar como cuadrar estes circulos rebeldes.


Para deixar(me) escrita requiro,
máis
que muros bravos de pedra rezumando humidade
ou o fume azul de mil verdugos.
Tampouco estou a falar  de rescates extranxeiros
dademe só un latigo, unha fusta
.......algo máis de tempo.

3 Ti dirás:

Home de xeo dijo...

Siempre he envidiado a los que saben expresarse (en el sentido más amplio de la palabra) mediante la escritura. Y qué bonito es el gallego, carallo!! :)

ailandra dijo...

Sempre tiven ciumes dos que non precisan falar pra dicilo todo, lles chega con cores e algunha que outra liña. Todo o mundo sabe escribir, a literatura ao final é o arte dos perdedores.

Esto parece un salón de té, azúcar?

Anónimo dijo...

Hello everyone.I am a new forum. I know, the forum is a good place to learn and interact with other people, allowing people to share their experiences and eachother.hope exchange ideas, make friends, contribute to this forum! ! Learning new things, share information, help others, it may be .. I am a automotive engineering students. Looks like a great place. Hope to many people in touch with you.

slots
National Lottery Syndicate