Afortunadamente onte non foi unha saída gratuíta; magosto das CAF e o Son do Galpón a tocares por alí (coa rodilla no chao!!!!), rimas en galego ("para que non se convirta en latín"sic.) e percusión guitarra e violín para un ritmo que pode traer cola (xulguen vostedes no YouTube). E como fin de cartaz "prezos populares", que sempre é de agradecer.
E despois toca o que toca; Compostela é unha cidade de bellas rutinas e moita pedra que pasear nunha mañá chuviosa. Acabei escapandome o meu refuxio para logo sorrir dende a ventá como nun filme de Capra e sentir que non merezco as cousas que me pasan. Discúlpenme vostedes...o paverismo é un mal menor da resaca :)
"Dame pánico miralo eu tamén (con racionalidade)....auténtico pánico"
A filosofía ten como misión proxecta-lo futuro a través da acción. Entón convertiráse en vontade e non en mera especulación racional. Cieszkowski
Sintoo, escribir verbo do pensamento é o meu deber patrio e democrático...como o resto do español medio falo sen saber nin que me importe....a xente desbarra a gusto.
2 Ti dirás:
Manda carallo, que ben vivimos!! ;)
Pois eu a esa hora xa andaba camiño das aulas de alemán maldicindo a hora na que se esgotou o licorcafé e se me ocorreu pedir un cubata...o meu estómago aínda me garda rencor (e ardor) por semellante traizón ao lk...
Beiju churriña!
O sorprendente é que o meu novo hábito de discutir de política estame privando do alcohol e da esmorga de antros varios...deus, creo que topei cun íncubo
Publicar un comentario