vivir en Compostela!!! (ás veces)Ifixenia en Aúlide, de Arela Teatro
Cemiterio de Bonaval, unha fantástica tarde de outubro......alguén da máis?
Cando damos a certos obxectos o nome de entes sensibles (fenómenos)....opoñemolos a aqueles obxectos chamados entes intelixibles (noumenos)
Haberá algún chiste semántico detrás da entrega deste Príncipe de Asturias?
Na miña defensa alego o común....señores, teño stress
O outro día dicÍalle a unha compañeira que semellaba que o verán pasara de longo por Compostela e que chegaramos directamente o outono (vale, equivocárame...), pero que polo menos non teríamos incendios (xa sei xa....). Pero ó final da igual, vaias onde vaias semella que ós galegos ó lume perséguenos....* De todas formas onte comentáronme que o tempo vai mudar, e que as chuvias achéganse á Bota...no comments.
"Tí eres capaz de xogar ó xadrez, non?"
“Sí”, responde a Morte, "cómo o sabes”?
Esto foi o primeiro que vin hoxe na prensa, chegoume casi co café do almorzo. Nunca foi santo da miña devoción, se cadra porque tampouco preocupeime moito porque o fora, pero quedaronme imaxes na retina e verbas nos miolos....Creo que xa ninguén lle vai negar o seu lugar no panteón dos mestres.
Non sei cantos terían a oportunidade de xogar ó xadrez a súa morte. Non sei cantos (?¿) de gañala. Ó que sí....a tópica idea de deixar obras para a posteridade e convertirse nun inmortal. Ó final agora dame a sensación de que a partida de Bergman quedou en tablas.
"Escoitar a Battiato cando un é cativo dá unha sensación como de estar sentado diante dun xeroglífico. Agora sospeito que parte dese cripticismo que me fascinaba podía ter a ver con escoitalo en malas traducións ao castelán. Porén a voz deste señor é agora tan familiar para min que é como sentir un curmán extravagante explicando o difícil que é descubrir a alba dentro das sombras."
"...nos últimos anos en España ten pasado que o Cine París de Coruña converteuse nun Springfield, o Teatro Losada de Ourense nun Zara, o Cine París de Barcelona nun Zara, o Cine Salamanca de Madrid nun C&A, o Cine Imperial de Madrid nun Sfera (El Corte Inglés), e o Cine Capitolio de Elche, o Teatro Menacho de Badajoz, o Cine Barceló de Barcelona, etc. "
Xavier Estévez
Vía VIEIROS
Xa todos o saben e todos pronunciarónse, así que, humildemente, estou convencida de que non queda nada que eu poida dicir e falo por outros. Eu lémbro moitas vellas pelis que me emocionaron e que non podería ter visto así, en experiencia colectiva, noutro sitio. Para afoga-la miña pena imaxino que o unico que me queda é mercar uns trapiños. Ó carallo.



E como o das casualidades funciona así, o outro día, facendo actos mal vistos no SLSK, deime nos fuciños cos episodios do Hitchhiker's Guide to The Galaxy, unha comedia disparatada que un día se lle ocurriu a un tal Douglas Adams e que voltou tolos a boa cantidade de brits. Unha curiosidade intrahistórica que me descubriron uns curiosos patolóxicos e que ten xerado novelas, película, banda deseñada, serie de televisión, videoxogo e frikismo por doquier. 

Do you still fancy me?
Did you ever love me?
Closer. Mike Nichols, 2004.
Un antigo pecado dicíame moi a míudo que o amor é así; un día espertaste e xa non estas namorado da túa parella. Non sabes porqué pero tampouco o podes evitar...e xa está.
Nunca supen (nin saberei) se era unha advertencia para min ou unha asimilación para si. Pero cando chegou o momento as cousas remataron así, dun día para outro...e xa non había nada que lle facer.
O filme fala diso, pero tamén da forza da culpa como estratexia para manter a xente o teu lado....Ó final Closer só é iso, unha historia de encontros e desencontros guiados pola febleza do amor e a forza da culpa e da soidade. Terror emocional se chegas a identificarte con tan só un dos diálogos...do máis visceral.
"Mas as mulheres do que gostam é amar. Subretudo quando não há ali mais ninguém que se preste a isso"
O Amor é Fodido. Miguel Steves Cardoso

Por aquí falouse moito de cinismo e de sentido crítico. O cinismo quedou xa claro que non tiña que conlevar, necesariamente, malos pensamentos ou trazos de misantropía. So é eso...cinismo; unha axudiña para levantarse cada día con mais ou menos enerxía...igual que outros toman café ou consumen pornografía (a combinación das tres tamén é válida,claro).
E menguar menguar menguar ata casi desaparecer...e sorrir moito, moitísimo.
Vía La Haine
scenas que seguen os imperativos de Víveo, Párao, Pásao e Amao (tedes o programa aquí, para máis información) o espectáculo pareceume un canto cheo de vitalidade e optimismo ó mundo do baile, un arte ó que non sempre se valora como é debido (en Compostela non hai queixa, cada ano dámonos un atracón).Tie yourself to me
No one else
No, you're not rid of me
Hmm you're not rid of me
Night and day I breathe
Ah hah ay
Hey, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me
I beg you, my darling
Don't leave me, I'm hurting
Lick my legs I'm on fire
Lick my legs of desire
I'll tie your legs
Keep you against my chest
Oh, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me
I'll make you lick my injuries
I'm gonna twist your head off, see
Till you say don't you wish you never never met her?
Don't you don't you wish you never never met her?
I beg you my darling
Don't leave me, I'm hurting
Big lonely above everything
Above everyday, I'm hurting
Lick my legs, I'm on fire
Lick my legs of desire
Yeah, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me
Lembreime hoxe de que me debía unha venganza. Hai cancións que serven por igual ós sentimentos máis nobles e ós máis execrables.
Regálovos uns minutos de desenfadada, pura e crúa perversidade.
PD: A conversa con Leno non ten prezo. A naturalidade tampouco
"...os cadernos virtuais son o rastro das cousas que lle pasan ás persoas: as súas viaxes, os seus intres de aburrimento no fogar e coa chuvia batendo forte nos cristais, o momento no que coñecen ó seu compañeiro/a e o momento en que se despiden del ou dela..."
O experimento personalizouse e ten nome e cara. O investigador inglés Gordon Bell leva os últimos cinco anos gravando as súas conversas telefónicas, as páxinas web que visita, a música que escoita, os emails, libros, revistas e demais "literatura" que lee, fotografías (unhas dous mil ó día) do que ve e mesmo os seus latexos do corazón, as alteracións térmicas e seica olores. De momento leva almacenados 150 Gb que, se o pensan ben, non é moito. Este betxo meu so ten un ano e xa leva 40...
A min lembroume un pouco a esas cápsulas do tempo que deberon estar de moda no mundo anglosaxon ala polos 50,60 (e digo anglosaxón porque, como as taquillas de instituto, eu so as teño visto en pelis), tesouros que un manda ó futuro nun intento, un pouco consciente, un pouco subconsciente, de prolongarse no tempo máis aló do estrictamente recomendable.
Nota mental: Nunca saias da casa estando enferma. A cervexa e o clima compostelán aliaránse contra ti. Nin sequera cando o cometido sexa derrotar ó Dr. Octopus; nin por esas
Era así a receta? Espero que funcione porque a febre estame facendo deliraaaaaaaaaaaar
Entre máscara e máscara (e falo de xeito literal) quedoume deste antroido tempo para fagocitar o Marvels de Kurt Bussiek (guión) e Alex Ross (debuxo); unha obra da que di a crítica (sempre ben pagada, pareceme a min) que é do mellorciño que ten saído en BD nos últimos anos. Xa ves.
publicou pouco tempo despois (1996) os tomos de Kingdom Come (debuxo do mesmo Ross, por certo). Lin os dous primeiros con présa e mal en terras valencias, pero lembro que o argumento de loitas internas entre heroes cautivárame moito máis, especialmente o Superman maduro (a piques da vellez) de Waid e Ross. Mira ti, non pensaba eu que a estas alturas o superhome forame conquistar...tampouco pensei que este puidera ser algunha vez decadente e...case case, cínico.And it is in that characteristicSuperman stands alone.
Superman didn't become Superman.
Superman was born Superman.
When Superman wakes upin the morning, he's Superman.
His alter ego is Clark Kent.
Xa non é un ser humán animado polas plantas e a súa vontade de seguir vivo, senón un conxunto de plantas, animadas pola súa vontade de ser humán
O outro día sorprendinme a min mesma devorando unha bolsa de codias de porco ante os primeiros capítulos (seica capítulos piloto) da inesquecible Corrupción en Miami. O exercicio, non se sabe moi ben se moi naïf ou moi friki, quedou sobradamente xustificado por atoparme eu nunha sala de proxección das de pantalla grande. Aínda máis (temblade gafapasta!), atopábame eu no auditorio dese maravilloso cubo Made In Siza que é o CGAC, e, por se interesa, non estaba eu a ver unha vella serie de TV senón a asistir a un exercicio de VIDEOCLISIÓN.
