11.2.07

Swamp Thing


En días como estes cando os ceos non nos dan nin un respiro non se me ocurre outro persoaxe que evocar que a Cousa do Pantano; non vaia ser que todos acabemos así nalgún momento. A espera da baixada da peli do Wes Craven e tomos da saga (a compra física xa chegará, non me maldigan!!) atopo no Tubo estes debuxos que lembran, sospeitosamente, ó Capitán Planeta da infancia xabarinística (febre ecoloxista dos 90?). Ollo á banda sonora!

Por ter "protagonizado" unha fermosísima escea de amor/luxuria nas páxinas de Hellblazer e ser a man da que chega Constantine ó mundo ben merece unha homenaxe (música de The Chameleons de fondo). E todo por un novo tour de force de Mr. Moore...jojo
Xa non é un ser humán animado polas plantas e a súa vontade de seguir vivo, senón un conxunto de plantas, animadas pola súa vontade de ser humán

7 Ti dirás:

Unknown dijo...

Mi má, qué lembranzas...o Youtube está conseguindo meter na rede toda a miña infancia!! (ás veces sorpréndome tarareando: capitán planeta, é un heroe, a contaminación é o que lle doe...)
Ah, e benvida ó mundo blog, un saúdo!

Arale Norimaki dijo...

A verdade é que con este tempo a Cousa do Pantano é ben propia, aínda que eu preferín retozar con Constantine malia que iso provocara neglixencias no meu estudio cuxas consecuencias evaluarei dentro dunha hora...aich.

elduende dijo...

Non sexades racistas. Hai vida antes de Alan Moore. A Cousa do Pantano orixinal, a de Len Wein e Bernie Wrightson (1971, vexo na Wikipedia) tiña tamén un tremendo encanto, naqueles anos en que as grandes editoriais ianquis comezaban a pasar do 'comic code'. Lectura recomendada, ainda que non saia ningún inglés cínico en gabardina.

Un saúdo, e tal.

ailandra dijo...

Hey! En ningún momento dixe que non houbera Cousa do Pantano antes de Moore!!!! Unicamente deixei caer que o plantexamento da personaxe cambiou, de persoa convertida a cousa á cousa que quere ser persoa (Moore converteo nun elemental!) Quedome coa segunda parte da serie, sen menosprecia-la outra!
Jooooooooooooooooooo

elduende dijo...

Ntch, o malo de intelné é que se perde o ton de de voz. A min tamén me pasa constantemente.

Non pretendía ser un reproche, dende logo, os números de Moore son insuperables, e iso é algo que o propio Len Wein recoñeceu, pero con afán didáctico-pedante- abuelobatallas pretendía lembrar que a personaxe ven de algures...

Sen acritude (e inserto un deses emoticonos para evitar confusións) ;)

O pastor eléctrico dijo...

O capitán planeta! Xa non lembraba tal cousa. Non coñecía este Swamp Thing, véuseme á cabeza a carta do magic. Esa si que é mítica para os que descobrimos o xogo por medio do ordenador.
P.D. Gústame o teu blog

ailandra dijo...

O meu ego desbordouse con tanta asistencia, juas juas... Grazas polas críticas e os apuntes.
Atopei a carta de Magic: "Forza da Natureza, criatura elemental.
Aiss, que ilusión!