6.4.10

Sempre soñei


Con facerme vella vendo a vida pasar na Quintana.
Volver a Compostela sempre ten algo de rito iniciático. Unha rúa na que perderse  e reatoparse, outro bar no que tomar a última; sempre ten algo de reencontro e de despedida dunha parte dunha mesma.
Sempre me saca un sorriso e un par de bágoas. Que ninguén me diga que non é unha cidade fermosa.

1 Ti dirás:

Chousa da Alcandra dijo...

Coa Quintana soñamos todos sempre. Aínda que non nos vexamos vellos...