6.4.10
Sempre soñei
Con facerme vella vendo a vida pasar na Quintana.
Volver a Compostela sempre ten algo de rito iniciático. Unha rúa na que perderse e reatoparse, outro bar no que tomar a última; sempre ten algo de reencontro e de despedida dunha parte dunha mesma.
Sempre me saca un sorriso e un par de bágoas. Que ninguén me diga que non é unha cidade fermosa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 Ti dirás:
Coa Quintana soñamos todos sempre. Aínda que non nos vexamos vellos...
Publicar un comentario