- Bill Hicks
- Eh?
- Bill Hicks. "Virus con zapatos" Dixoo el, non?
- Non sabía que che gustaba Bill Hicks...!!
- Xa che digo
- Xesús! Incansable, o chivo, o rock contra a droga é unha merda...gústache todo iso?
- Ajá... De feito, unha vez vin o seu show
-Qué?
- E ata o coñecín...
- QUÉ?!
Predicador. Rumbo al sur(3 de 3)

E a verdadeira arte do cinismo, paréceme a min, é saber reconvertelo en (bo) humor sen caer en tópico fáciles ou sen adoptar unha pose chic-progre-pseudointelectual. Ou adoptala cando aínda non era marketing.
Gustame o humor de Bill Hicks por intelixente, por autodestructivo sen autocompaixón, por non ser políticamente correcto e por non selo por unha estratexia de ventas. Ou quizás por pertencer a unha época no que o de ser ou non ser políticamente correcto aínda non estaba tan ben delimitado.
Pero sobre todo gústame por canalla. Canalla, canalla, canalla.
Cousas da memoria...nunca sabes en que momento, ou porque conxunción astral (¿?) vaste lembrar de cousas que hai tempo deixaras atrás. En tempos londinense, dos que fai xa máis de dous anos (!!), pasei 5 meses bebendo té e vendo unha e outra vez vídeos de actuacións de Hicks...unha excusa tan boa como calquer outra para aprender a inglés. E dende aquelas, nunca máis.
E de súpeto, reatópome con Bill nunha historieta tan canalla coma el. O Preacher de Garth Ennis e Steve Dillon era o marco perfecto para traelo de volta, a medio camiño entre Johny Cash e John Wayne; dándolle forma ó mito moderno norteamericán dun xeito que, a pesares de modas (ou necesidades) anti-ianquis, a min aínda me fascina. Melancolía tinguida de cinismo, unha esperanza sedade con humor.
Deixovos con el, para que disfrutedes.
4 Ti dirás:
Eu antes era un pouco cínico tamén. É certo que axuda a levantarse. Pero ultimamente, cando caio, prefiro ir rodando, a ver a onde me leva. Calquera lugar será bo. Aínda que supoño que esa é outra forma de cinismo
Cinismo e canallez, dous hits da miña lista de Virtudes Cardinais. Que sería da vida sen cinismo? Un aburrido patio de gardería. Ser cínico é un xeito de madurar, de ver as cousas con realismo sen volverse un amargado, de ver tódolos matices, ou alomenos moitos deles. Un bico.
Cinis-krispis! Tu mejor desayuno!!
Qué sería de nós sen eles?
PD:Gracias por descubrirme a Hicks
Non penso entrar a opinar sobre o cinismo. Para min é necesario como o aire que respiro, e punto.
Coido que xa llo dixen o outro día no Maycar, señorita Ailandra, pero repetireime. Tremenda serie, Predicador, o mellor que Ennis escribíu na súa vida (aínda que a súa etapa en Hellblazzer tamén ten gracia). Deixou para a historia expresións como “Fucking Jesus Cristh!” e personaxes como Caracullo e os Investigadores Sexuais (“Non somos un par de mariquitas, fillo, somos duros”)
Publicar un comentario