3.11.07

Que ledicia...

vivir en Compostela!!! (ás veces)


Ifixenia en Aúlide, de Arela Teatro

Cemiterio de Bonaval, unha fantástica tarde de outubro......alguén da máis?

28.10.07

Unha parvada fugaz

Se Schumacher significa zapatero en alemán....

Haberá algún chiste semántico detrás da entrega deste Príncipe de Asturias?
Un apoio socialista a monarquía nestes duros tempos que corren? Ou viceversa?

Dende logo, cada ano hai menos xente a que paga a pena premiar, ou polo menos as escollas son máis raras (salvase Bob Dylan e algún máis...pero mira ti que este nin asistiu)
De todas formas non entendín nunca esta categoría na que se recoñece as traxectorias deportivas....

mmmmmmmmmmm, será esta unha verdade incómoda? :P

11.10.07

Tozudez

Pois non....non me resisto a pecha-lo blog.

Malia que non teña días, nin horas, nin minutos que adicarlle non quero pechar un espazo que ós poucos xa fixen meu.

Éstou de mudanza vital.....cambios no traballo, no ámbito persoal e no ámbito académico...por extensión cambios persoais que non sei moi ben como encarar. E ademais non teño tempo para eles.

E ademais o betxo segue morto, que lle queres?


Na miña defensa alego o común....señores, teño stress




Pero voltarei

30.7.07

InCendio (léase inchendio musicalmente)

O outro día dicÍalle a unha compañeira que semellaba que o verán pasara de longo por Compostela e que chegaramos directamente o outono (vale, equivocárame...), pero que polo menos non teríamos incendios (xa sei xa....). Pero ó final da igual, vaias onde vaias semella que ós galegos ó lume perséguenos....

"Italia arde de Norte a Sur" Xa non hai onde agocharse....

Agárdanme 15 días de vacacións (por fin!!!) no sur do Adriático italiano....é absurdo disculpar unha ausencia de dúas semanas cando ultimamente esto vai máis morto que pouco....pero.....tiña que fardar!

* De todas formas onte comentáronme que o tempo vai mudar, e que as chuvias achéganse á Bota...no comments.

Tablas

"Tí eres capaz de xogar ó xadrez, non?"

“Sí”, responde a Morte, "cómo o sabes”?

“Vino nas pinturas e lino nas lendas”, replica Block, o Cavaleiro.

O Séptimo Selo

Esto foi o primeiro que vin hoxe na prensa, chegoume casi co café do almorzo. Nunca foi santo da miña devoción, se cadra porque tampouco preocupeime moito porque o fora, pero quedaronme imaxes na retina e verbas nos miolos....Creo que xa ninguén lle vai negar o seu lugar no panteón dos mestres.


Non sei cantos terían a oportunidade de xogar ó xadrez a súa morte. Non sei cantos (?¿) de gañala. Ó que sí....a tópica idea de deixar obras para a posteridade e convertirse nun inmortal. Ó final agora dame a sensación de que a partida de Bergman quedou en tablas.


8.7.07

Falar por boca de outros

Que ultimamente estase a converter nun costume....

"Escoitar a Battiato cando un é cativo dá unha sensación como de estar sentado diante dun xeroglífico. Agora sospeito que parte dese cripticismo que me fascinaba podía ter a ver con escoitalo en malas traducións ao castelán. Porén a voz deste señor é agora tan familiar para min que é como sentir un curmán extravagante explicando o difícil que é descubrir a alba dentro das sombras."

Samuel Solleiro (Ataque Escampe)


Non houbera descrito tan ben algo que sempre levei agachado no pudor. Marabillosas serendipias!

18.5.07

Adeus

"...nos últimos anos en España ten pasado que o Cine París de Coruña converteuse nun Springfield, o Teatro Losada de Ourense nun Zara, o Cine París de Barcelona nun Zara, o Cine Salamanca de Madrid nun C&A, o Cine Imperial de Madrid nun Sfera (El Corte Inglés), e o Cine Capitolio de Elche, o Teatro Menacho de Badajoz, o Cine Barceló de Barcelona, etc. "

Xavier Estévez
Vía VIEIROS

Xa todos o saben e todos pronunciarónse, así que, humildemente, estou convencida de que non queda nada que eu poida dicir e falo por outros. Eu lémbro moitas vellas pelis que me emocionaron e que non podería ter visto así, en experiencia colectiva, noutro sitio. Para afoga-la miña pena imaxino que o unico que me queda é mercar uns trapiños. Ó carallo.

8.5.07

Breakfast in Swan's Way (usease, prousteemos!)



Fódeme (ups, que feo) voltar o dos memes tan cedo, máis que nada porque entre este e este tan só hai duas miserábeis anotacións e iso non lle senta nada ben o meu ego blogueiro. Pero dín que a ocasión a pintan calva e esta é unha excusa perfecta para actualizar sen darlle demasiado os miolos (encantame respostar preguntas, debería ter sido unha diva ou algo así).
Ademais non podo rexeitar unha invitación deste salón de té, así que tomen asento. Un azucarillo ou dous?

1. O principal rasgo do meu carácter?
A inestabilidade, para ben e para mal.

2. A calidade que prefiro nun home?
O carisma e a confianza (melloras na comunicación interpersoal....)

3. A calidade que prefiro nunha muller?
A lealdade.

*O sentido común é desexable para todos, claro.

4. O que máis aprecio nos meus amigos?
A comprensión e o feito de estaren "curados de espanto".

5. O meu principal defecto?
A inestabilidade...a inconstancia e claro, o egocentrismo.

6. A miña ocupación preferida?
Un té, cigarillos, a miña música e dende alí dúas opcións:
- 1º BD/novela/o meu betxo
- 2º Unha boa conversa.

7. O meu soño de dicha?
Tempo, tranquilidade, saúde e satisfación. Todo a grandes doses con boa comida, boa bebida, boa compaña, moitos gatos e unha vista fermosa pola ventá (esixo pouco, vamos).

8. Cal sería a miña maior desgraza?
Non ser capaz de ser o que sinto que debo ser

9. Que quixera ser?
Cando o sepa xa volo direi...prometo. De momento conformaríame con ser algo que me faga sentirme eu.

10. Onde desexaría vivir?
Compostela, agora mesmo non podo pensar noutro lugar que se acomode máis a min. De todas formas, polo momento tampouco podo pensar en asentarme en ningures....

11. A cor que prefiro?
O negro...sempre e para todo.

12. A flor que prefiro?
As margaridas que crecen en calquer césped. Poñeme de bo humor velas, todas gregarias elas... Custa escoller, o das frores pareceme o máis incríble do mundo.

13. O paxaro que prefiro?
A curuxa (quero unha Hedwig xa!!!)

14. Os meus autores preferidos en prosa?
O meu trinvirato persoal: Hemingway, Dickens, Cortázar.

15. Os meus poetas preferidos?
Pessoa e Lorca. Hai máis pero agora mesmo.... Aceptades Tom Waits? E Leonard Cohen?

16. Os meus heroes de ficción?
John Constantine (sintoo...que esperabades?)

17. As miñas heroínas de ficción?
Medea, por ser tan visceralmente humana. Leia, por selo tan pouco.

18. Os meus compositores preferidos?
Satie, Dvórak,Vinicius, Caetano,Miles Davies,Charlie Parker, Reed, Buckley,Reznor....PJ....e máis,cantos máis!!!

19. Os meus pintores predilectos?
Rubens, Vermeer, Modigliani, Magritte, Mattise e Gauguin (así, a bote pronto)

20. Os meus heroes da vida real?
A miña nai, sen dúbida.

21. As miñas heroínas históricas?
As esposas que viviron as súas vidas a través dos (falsos) éxitos dos seus maridos e das que nunca saberemos nada.

22. Os meus nomes favoritos?
Amal para ela, Alejandro para el (ou Alex, ou Aleixandre, ou Xandre...)

23. Que detesto máis que nada?
A displicencia, o desdén e a hipocresía (especialmente para cun mesmo)

24. Que caracteres históricos desprezo máis?
Os enchidos de poder, en xeral. Por riba de todo os que fixeron bas boas indeas e mellores intencións verdadeiros cataclismos sociais (pensade vós os exempros).

25. Que feito militar admiro máis?
Revolución dos Craveis

26. Que reforma admiro máis?
As que están por chegar.Todo é mellorable.

27. Que dons naturais quixeras ter?
Saber cantar, saber pintar, tocar algún instrumentos...valeríame o dominio sobre calquera das clásicas belas artes....un chisco de xenio creativo, meu deus.

28. Como me gustaría morrer?
Nun orgasmo. Sintoo polo meu acompañante...

30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os nados da preguiza ou do hedonismo....son moi benevola, que lle vou facer.

31. O meu lema?
Como un fénix, renace sempre das túas cinzas.

Á próxima taza convidaranos O Señor que Non ten Nada que Decir, O Vilán Cínicamente Friki, a Muller do Carcaj Cheo de Verbas Punzantes, a Androide Quasi Paranoica pero Repleta de Boas Intencións e a Xornalista Teatreira Pero Non Mentireira. There we go!

*Como curiosidade, comentar que, na facultade, o Proust era un exemplo do que NON deberiamos facer nunha entrevista, pola poca información real que aportaba dunha persoa. Así que xa sabedes, non vos creades NADA.


For a long time I used to go to bed early. Sometimes, when I had put out my candle, my eyes would close so quickly that I had not even time to say "I'm going to sleep."
Marcel Proust

3.5.07

Shhhhh! Escoiten, escoiten...


Por algún motivo que eu nunca fun quen de adiviñar, en certas materias da miña facultade facíannos estudar páxinas e páxinas da historia dos medios de comunicación...especialmente da radio, vai ti saber porqué.
Despois de tres semanas de traballo (por fin) xornalístico (explica eso a miña ausencia?) acabeime de convencer de que a meirande parte do estudado alí de pouco o nada me vale na práctica. Máis en concreto, de que entre xornalistas as conversacións nunca son sobre os propios medios, moito menos sobre a súa historia. Pero como a todo hai que sacarlle o lado bó, eu gardo unha grata lembranza das miñas leccións sobre a dramatización radiofónica.

Ninguén me pode culpar por non lembrar os tempos de "Ama Rosa" (prf...) pero paseime a meirande parte das noites da miña infancia escoitando contos de fadas na voz dun radiocasette (os meus pais non eran dos de lerme na cama, que se lle vai facer...). Sempre foi un dos meus praceres segredos e aínda algunhas veces escoito esas cintas e ponseme a carne de galiña (hai cousas que nunca perden a maxia). Cando sendo universitaria atopeime con que existían "contos lidos para adultos" encheuseme o peito de alegría... e tamén de pesadumbre por ter chegado, unha vez máis, tarde.

 Marvin, Paranoid AndroidE como o das casualidades funciona así, o outro día, facendo actos mal vistos no SLSK, deime nos fuciños cos episodios do Hitchhiker's Guide to The Galaxy, unha comedia disparatada que un día se lle ocurriu a un tal Douglas Adams e que voltou tolos a boa cantidade de brits. Unha curiosidade intrahistórica que me descubriron uns curiosos patolóxicos e que ten xerado novelas, película, banda deseñada, serie de televisión, videoxogo e frikismo por doquier.


Claro, se estaba eso por ahí colgado habería máis...en pouco menos dunha semana o meu betxo encheuse de vellos programas de radio para o meu deleite. O último, o CBS Mistery Theater, un intento dos 70 por revivir o estilo dos 30 e 40, historias de terror e misterio escritas por Poe, Dickens ou completos descoñecidos que fuxiron do papel para as ondas.

Gustame o espido destes guións para radio...un traballo que, de ser malo, non hai forma de arreglar por máis cartos que poñas en efectos especiais, e as voces, aterciopeladas e graves, como chegadas dun tempo que xa non é o noso. Abraiame a capacidade dos técnicos de son ( daquelas ninguén lles debía chamar técnicos de nada...) para crear ambentes cos planos (a distancia á que un pon a súa voz do micro, gran cousa), as intensidades do son ou esos deliciosas larpeiradas freaks que son os efectos de son. Unha vez vin simular a explosión dunha nave espacial rompendo kellog's...todo un canto a creatividade. Seica agora podes baixarte todo iso da Internet....

E por riba de todo flípame o que ten de máxico pechar os ollos e que algúen (aínda que sexa unha máquina) te susurre marabillosas historias ó oído mentres vas quedando durmido. Dalgún xeito faime pensar en rapsodas, xugrares e literatura de tradición oral...malia que estexa mecanizado.
Imaxino que tamén hai un pouco de tenrura nesta modesta paixón. Deixando a un lado lembranzas infantís, o dos dramas radiofónicos é un pouco como o da banda deseñada, xoias creativas que non sempre foron ben tratadas polo gran público ou a Crítica (nótense as maiúsculas), seica porque, polo visto, non teñen nada de espectacular. Ben, supoño que é como o de quen prefire a fror do toxo á orquídea (e son moitos , menos mal).

Solicito ós que definen os imaxinarios populares (¿?) que lle retornen o título de Octavo Arte á radio. Hoxe moitos lle dan ese honor ós videoxogos....mmm, poderíamos pasalo para o décimo posto. Despois de todo, a música xa non é o que era e non por eso ninguén lle quitou o título...

*Se quiser ouvir máis....OTRF

Until next time, pleasant...dreams?
CBS Radio Mistery Theater


12.4.07

Do corazón, tripas


Do you still fancy me?
Did you ever love me?

Closer. Mike Nichols, 2004.

Un antigo pecado dicíame moi a míudo que o amor é así; un día espertaste e xa non estas namorado da túa parella. Non sabes porqué pero tampouco o podes evitar...e xa está.

Nunca supen (nin saberei) se era unha advertencia para min ou unha asimilación para si. Pero cando chegou o momento as cousas remataron así, dun día para outro...e xa non había nada que lle facer.

O filme fala diso, pero tamén da forza da culpa como estratexia para manter a xente o teu lado....Ó final Closer só é iso, unha historia de encontros e desencontros guiados pola febleza do amor e a forza da culpa e da soidade. Terror emocional se chegas a identificarte con tan só un dos diálogos...do máis visceral.

"Mas as mulheres do que gostam é amar. Subretudo quando não há ali mais ninguém que se preste a isso"

O Amor é Fodido. Miguel Steves Cardoso

2.4.07

Mmmmúsica (para non rachar coa tradición)

Escribiuse moitísimo por estes lares ultimamente sobre que cancións elixiríamos para eses momentos de íntima perversidade e intercambio de fluídos. A cuestión causou tanto tanto rebumbio que ata protagonizou algunha conversa no Maycar (creo) e chegou a este sitio por cortesía de Elianinha. Non me queda outra que deixarme ver.
O meu "top five", supoño, ben podería ser este...
- Swap Song.Blur (13). Por andarmos en territorios mornos e húmidos,claro. Flípame a voz de Damon Albarn e creo que ritmo cae ben, pero que moi ben. Ideal para encontros fugaces nos baños do Ruta (e só un exemplo!). Ademais, como non podía ser doutro xeito, se penso en pantano penso nesto, e logo neste e xa non hai nada que lle facer.

- Just Like Honey- Jesus & The Mary Chain (OST Lost in Translation). Algúen apuntou que esta canción coincide cun momento de paixón/tensión entre os protagonistas. Voltarei ver o filme algún día porque, debía estar en trance eu que non me lembro de nada (a banda sonora, ademais, apareceuseme moito despois). Para uns preliminares moi doces e quedar durmidos o terminar. E que todo vaia como a seda....

- Hurt. Nine Inch Nails (The Downward Spiral). Podería ter escollido a cover de Cash pero Nike escaralloume a idea. A orixinal, por outra parte, paréceme máis íntima e sensual. Para dolorosos polvos de despedida ou encontros malditos/prohibidos. A canción ten cambios de rasante sutís pero ideais para trastornos bipolares :P

-I’m your man. Leonard Cohen....mmmmm, aínda agardo que algún home pódame susurrar esta canción na orella....e que eu mo tome en serio, ainsssss! Para momentos de terciopelo amargados con moito gintonic (que sempre facilita as cousas).
No mesmo disco esta o Take This Waltz, que redondearía a noite cuns preliminares de película (sempre me fai pensar en Brando esa canción, cousa rara...) O enlace mandavos a unha páxina de compra onde poderedes escoitalas...para por o trailer do filme mellor non puña nada.

- E falando de buscar homes...jur jur, deixo caer o Holding out for a Hero de Bonnie Tyler. Tomadeo con humor...ou como mellor vos pareza. O vídeo acaba de redondear o cachondeo.


*De bonus track non me podía faltar o Rid of Me da sempre recurrente PJ. Pero claro...eso sería repetirme...así que vai fora de concurso.

*Na versión para coleccionistas ofrezo un valor engadido e, emulando a Raíña Vermella, inxerto un deses discos ós que lle das ó "repeat" e tes para toda a noite. The Virgin Suicides OST.


* E para acabar de estenderme deixar claro que eu, de escoller, escollo como mellor das músicas a respiración de meu acompañante. Hai cousas que requiren intimidade...

Mmmmm, paso a pelota ós que quedan....que no deben ser moitos!

29.3.07

Virus con zapatos (In Memoriam)

- Que temos de especial, carallo? Non somos uns capullos egoístas que fodemos o planeta? Un,un virus con zapatos...
- Bill Hicks
- Eh?
- Bill Hicks. "Virus con zapatos" Dixoo el, non?
- Non sabía que che gustaba Bill Hicks...!!
- Xa che digo
- Xesús! Incansable, o chivo, o rock contra a droga é unha merda...gústache todo iso?
- Ajá... De feito, unha vez vin o seu show
-Qué?
- E ata o coñecín...
- QUÉ?!
Predicador. Rumbo al sur(3 de 3)

Por aquí falouse moito de cinismo e de sentido crítico. O cinismo quedou xa claro que non tiña que conlevar, necesariamente, malos pensamentos ou trazos de misantropía. So é eso...cinismo; unha axudiña para levantarse cada día con mais ou menos enerxía...igual que outros toman café ou consumen pornografía (a combinación das tres tamén é válida,claro).
E a verdadeira arte do cinismo, paréceme a min, é saber reconvertelo en (bo) humor sen caer en tópico fáciles ou sen adoptar unha pose chic-progre-pseudointelectual. Ou adoptala cando aínda non era marketing.

Gustame o humor de Bill Hicks por intelixente, por autodestructivo sen autocompaixón, por non ser políticamente correcto e por non selo por unha estratexia de ventas. Ou quizás por pertencer a unha época no que o de ser ou non ser políticamente correcto aínda non estaba tan ben delimitado.
Pero sobre todo gústame por canalla. Canalla, canalla, canalla.

Cousas da memoria...nunca sabes en que momento, ou porque conxunción astral (¿?) vaste lembrar de cousas que hai tempo deixaras atrás. En tempos londinense, dos que fai xa máis de dous anos (!!), pasei 5 meses bebendo té e vendo unha e outra vez vídeos de actuacións de Hicks...unha excusa tan boa como calquer outra para aprender a inglés. E dende aquelas, nunca máis.
E de súpeto, reatópome con Bill nunha historieta tan canalla coma el. O Preacher de Garth Ennis e Steve Dillon era o marco perfecto para traelo de volta, a medio camiño entre Johny Cash e John Wayne; dándolle forma ó mito moderno norteamericán dun xeito que, a pesares de modas (ou necesidades) anti-ianquis, a min aínda me fascina. Melancolía tinguida de cinismo, unha esperanza sedade con humor.
Deixovos con el, para que disfrutedes.


"By the way, if anyone here is in advertising or marketing, kill yourself. No, this is not a joke: kill yourself . . . I know what the marketing people are thinking now too: 'Oh. He's going for that anti-marketing dollar. That's a good market.' Oh man, I am not doing that, you fucking evil scumbags."

Hicks morreu o 26 de febreiro de 1994. Cancro de pancreas, polo visto. Orixinal ata na súa morte (non teríades apostado por un de pulmón?)


12.3.07

In Vino Veritas



Calquer excusa é boa para escaparse (en tódolos posibles sentidos da palabra) un par de días...
E menguar menguar menguar ata casi desaparecer...e sorrir moito, moitísimo.

Aínda non rematou a fin de semana, deixenme uns minutiños máis...

5.3.07

Mmmmmm...(cara de poucos amigos)

Vía La Haine

A masa enfurecida nunca trae nada bo...Habería que pedirlle ós que "están arriba" que non fixeran nunca enfurecer a masa.
Mira ti...unha cousa menos que ver cando vaia a Copenhague...mundo este, pardiez!

2.3.07

Que nos quiten o bailao!













Alma...cada un coida da súa alma como pode, como quere. Eu o outro día cuidei da miña e lembro que pensei que boas son as belas artes para ela.

Alma é o nome do último espectáculo de Ananda Dansa, unha compañía de baile que o pasado 27 e 28 de febreiro deu no Teatro Principal de Compostela as súas únicas actuacións por estas terras, ás que tiven o honor de asistir e, ademais, con invitación VIP (fardei moitísimo na cola do teatro :P ). Nunca antes vira un espectáculo de danza e quedei abraiada pola forza que poden transmitir sete corpos en continuo movemento. Unha harmonía perfecta de música, movemento, cor e humanidade que emocionaría a calquera.



Os de Ananda, compañía decana de Valencia que foi premiada co Premio Nacional de Danza na modalidade de creación trouxeronnos un espectáculo que, polo visto, é resumen e homenaxe dos 25 anos que levan nas tablas, bailando e bailando. Divido en catro escenas que seguen os imperativos de Víveo, Párao, Pásao e Amao (tedes o programa aquí, para máis información) o espectáculo pareceume un canto cheo de vitalidade e optimismo ó mundo do baile, un arte ó que non sempre se valora como é debido (en Compostela non hai queixa, cada ano dámonos un atracón).


Por unha hora sete bailaríns pasaron de lembrar os anos de xuventude e ilusión da compañía cunha festa entre amigos a falar da morte e dos que non están, fixeron crítica social (con moito humor...que tamén se agradece) e remataron invitándonnos a todos a desfrutar da danza, a facela nosa, a amala nos movementos dunha parella bailándose entre frores que se desintegran a medida que van caendo. Do ceo ó chan.

"Un discurso caligrafiado coa escritura dos corpos", "un espectáculo que trate da viaxe como experiencia, sobre a madurez, sobre a alegría de ter vivido estes anos co pensamento alto e limpa a emoción do espíritu, como di Kavafis en Ítaca. "

Plas, plas, plas...quedei abraiada e encantada. Caéronseme as bágoas e fun un pouquiño máis feliz.

Ala, para daros envexa

27.2.07

You're not rid of me (Wacht out)




Tie yourself to me
No one else
No, you're not rid of me
Hmm you're not rid of me

Night and day I breathe
Ah hah ay
Hey, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me

I beg you, my darling
Don't leave me, I'm hurting

Lick my legs I'm on fire
Lick my legs of desire

I'll tie your legs
Keep you against my chest
Oh, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me

I'll make you lick my injuries
I'm gonna twist your head off, see

Till you say don't you wish you never never met her?
Don't you don't you wish you never never met her?

I beg you my darling
Don't leave me, I'm hurting

Big lonely above everything
Above everyday, I'm hurting

Lick my legs, I'm on fire
Lick my legs of desire
Yeah, you're not rid of me
Yeah, you're not rid of me


Lembreime hoxe de que me debía unha venganza. Hai cancións que serven por igual ós sentimentos máis nobles e ós máis execrables.
Regálovos uns minutos de desenfadada, pura e crúa perversidade.

PD: A conversa con Leno non ten prezo. A naturalidade tampouco

26.2.07

Non me pregunten, que eu xa dixitalicei

"...os cadernos virtuais son o rastro das cousas que lle pasan ás persoas: as súas viaxes, os seus intres de aburrimento no fogar e coa chuvia batendo forte nos cristais, o momento no que coñecen ó seu compañeiro/a e o momento en que se despiden del ou dela..."

Gústame, por simple, sinceira e sen pretensións, a ilustración que unha vez máis fan os rapaces de Código Cero do perverso universo das bitácoras. Esta vez, co gallo de recoller unha iniciativa que non sei se calificar de geek, maligna ou, directamente, estúpida. As "mentes pensantes" de Microsoft veñen de presentar na Scientific American (regodeándose un pouco, a verdade) o MyLifeBits, un intento por crear unha copia dixital de todas as lembranzas que cada un de nós almacenamos ano tras ano; unha gravación virtual da nosa vida.

O experimento personalizouse e ten nome e cara. O investigador inglés Gordon Bell leva os últimos cinco anos gravando as súas conversas telefónicas, as páxinas web que visita, a música que escoita, os emails, libros, revistas e demais "literatura" que lee, fotografías (unhas dous mil ó día) do que ve e mesmo os seus latexos do corazón, as alteracións térmicas e seica olores. De momento leva almacenados 150 Gb que, se o pensan ben, non é moito. Este betxo meu so ten un ano e xa leva 40...

O volume de datos da medo, xa non por cantidade senón por amplitude de aspectos...Di Bell que ve o proxecto coma unha memoria de reposto "en caso de que se me esquezan feitos que aconteceron na miña vida." Se eu chegara á vellez cun alzheimer galopante (madera!) e me topara con semexante base de datos mataríame a dor de non recoñecerme neles. Non sei se Bell so plantexaría dese xeito.
Como polémico ser é un rato, cada un o lexitima como pode. Bell, que é médico di que lle resultará moi útil cando o doutor lle pregunte "E cando comenzou a mostrar estes síntomas?", especialmente en casos cardíacos (claro, de ahí o dos latexos) e os de Microsoft, que poñen a pasta, apelan a Vannevar Bush como visionario do invento, malia que algúns entenderon e explicaron (mellor ca min) o seu proxecto de xeito diferente.

A min lembroume un pouco a esas cápsulas do tempo que deberon estar de moda no mundo anglosaxon ala polos 50,60 (e digo anglosaxón porque, como as taquillas de instituto, eu so as teño visto en pelis), tesouros que un manda ó futuro nun intento, un pouco consciente, un pouco subconsciente, de prolongarse no tempo máis aló do estrictamente recomendable.
Quizais o das blogs sexa un pouco así e por eso en Código fixeron a asociación. Pero a min este exercicio de continuidade gústame e váleme de algo por obrigarme a seleccionar, a profundizar e a traducirme ó resto dos mortais. A memoria dixital de Bell non consegue ningunha das tres.
E ademais, se paso do sitio Blogger mo pecha, así que, de "morrer", non será por isto que a miña memoria perdure no espazo-tempo, por moi virtual que sexa.

A modo de postdata: O artigo insiste na idea de que, se suprimísemos o banal da nosa vida cuns cantos gigas teríamos dabondo para gardar 60 anos de lembrazas (mirade en que pouca cousa quédase o "esencial"). Nótese que o banal opúxose a páxinas web visitadas, cheiros percibidos e cambios de temperatura (iso sí se garda). Lectura do mundo en clave xornalística: o que non se pode ou custa moito contar non se conta, ergo, non existe. Os insomnios brilantes, os delirios febriles, as noite de viño e rosas e demais noumenos son, señores meus, frivolidades...

24.2.07

Meu Deus...

que maliña estou!

Nota mental: Nunca saias da casa estando enferma. A cervexa e o clima compostelán aliaránse contra ti. Nin sequera cando o cometido sexa derrotar ó Dr. Octopus; nin por esas

Era así a receta? Espero que funcione porque a febre estame facendo deliraaaaaaaaaaaar

21.2.07

Repasando un universo de prodixios (spoiler?)

Entre máscara e máscara (e falo de xeito literal) quedoume deste antroido tempo para fagocitar o Marvels de Kurt Bussiek (guión) e Alex Ross (debuxo); unha obra da que di a crítica (sempre ben pagada, pareceme a min) que é do mellorciño que ten saído en BD nos últimos anos. Xa ves.

A historia é un intento de facer un repaso do inxente universo Marvel a través da visión dos humáns, preguntándose coma nós (ou, alomenos, algún de nós) veríamos ós superheroes se estes andiveran realmente a facer das súas polas nosas rúas e puideramos atopalos cada vez que doblásemos a esquina.
A excusa é un xornalista, Phil Seldon, buscando a foto perfecta destes prodixios que fan de Nova Iorque o seu fogar. Seguindo o ir e devir de Seldon, Bussiek precisa de 256 páxinas para argumentar que a xente de a pé é demasiado orgullosa para asumir que non sempre somos quen de sacarnos as castañas do fogo e que non sabemos dar as grazas cando uns que saben e poden máis ca nós salvan o mundo no que vivimos...e o fan sen pedir nada a cambio (polo menos aparentemente).

Argumento de orixinalidade 0; ese é o principal problema. O tomo comeza cunha historia sobre a Antorcha Humana que promete moito, pero no resto das páxinas a narración vai creando puntos de tensión que non se resolven, que non contan nada, nos que nunca pasan nada. O peor, sigues lendo e lendo esperando O GRAN ACTO e este non chega...nunca.

Non da a idea para moito ou é tan só un problema de redación do guión? Malia que o grande de Stan Lee afirmara na introdución da obra que esta ia abrir unha nova era no mundo dos cómics de superheroes na que o que contaría sería o noso punto de vista, o certo é que eu, cando leo historietas busco escaparme un pouquiño das xentes de baixa catadura moral coas que me codeo a diario. E xa falei algunha vez do valor preventivo que a evasión freak ten co mundo.
A min a "visión humana", realmente, tenme un tanto saturada (xa che digo, deformación profesional). As láminas máis fermosas de Ross son as loitas entre os prodixios pero estes non teñen, aquí, nin voz nin voto....e ti esperando a que se fagan oir!

Debe ser, digo eu, que esta é un obra para Marvelitas expertos. Claro, a min, que ultimamente sufro de vértigo, supóme a pouco, aínda que me trouxo boas lembranzas (sempre agradezo ver a Spidey subido a algún tellado).

E para falar de antoloxías de superheroes a Distinguida Competencia publicou pouco tempo despois (1996) os tomos de Kingdom Come (debuxo do mesmo Ross, por certo). Lin os dous primeiros con présa e mal en terras valencias, pero lembro que o argumento de loitas internas entre heroes cautivárame moito máis, especialmente o Superman maduro (a piques da vellez) de Waid e Ross. Mira ti, non pensaba eu que a estas alturas o superhome forame conquistar...tampouco pensei que este puidera ser algunha vez decadente e...case case, cínico.
Reclamando a fantasía e a capacidade para porme na pel de xentes que non teñen nada que ver co que son ou serei algunha vez renego de historietas de superheroes nas que estes non existen ou non se deixan ver...porque non, porque de realidade xa estou farta. Porque non entendin porque Marvels recibiu tanto premios, porque seguro que algúen vaime argumentar o contrario :P

And it is in that characteristicSuperman stands alone.
Superman didn't become Superman.
Superman was born Superman.
When Superman wakes upin the morning, he's Superman.
His alter ego is Clark Kent.

Kill Bill 2

11.2.07

Swamp Thing


En días como estes cando os ceos non nos dan nin un respiro non se me ocurre outro persoaxe que evocar que a Cousa do Pantano; non vaia ser que todos acabemos así nalgún momento. A espera da baixada da peli do Wes Craven e tomos da saga (a compra física xa chegará, non me maldigan!!) atopo no Tubo estes debuxos que lembran, sospeitosamente, ó Capitán Planeta da infancia xabarinística (febre ecoloxista dos 90?). Ollo á banda sonora!

Por ter "protagonizado" unha fermosísima escea de amor/luxuria nas páxinas de Hellblazer e ser a man da que chega Constantine ó mundo ben merece unha homenaxe (música de The Chameleons de fondo). E todo por un novo tour de force de Mr. Moore...jojo
Xa non é un ser humán animado polas plantas e a súa vontade de seguir vivo, senón un conxunto de plantas, animadas pola súa vontade de ser humán

8.2.07

Video killed the radio star (Ah ah!)

O outro día sorprendinme a min mesma devorando unha bolsa de codias de porco ante os primeiros capítulos (seica capítulos piloto) da inesquecible Corrupción en Miami. O exercicio, non se sabe moi ben se moi naïf ou moi friki, quedou sobradamente xustificado por atoparme eu nunha sala de proxección das de pantalla grande. Aínda máis (temblade gafapasta!), atopábame eu no auditorio dese maravilloso cubo Made In Siza que é o CGAC, e, por se interesa, non estaba eu a ver unha vella serie de TV senón a asistir a un exercicio de VIDEOCLISIÓN.

Co subtítulo de "Tramas, contaxios e mutacións no teu televisor", esto da Videoclisión é o último que se lles ten ocurrido os do CGAC para achegar o gran público eso "ó que algun dan en chamar Arte Contemporáneo" (sic Informativos Antena3, que non é cousa miña) e seica o nome é un neoloxismo mistura de videoclip e serie de televisión. Mira tí. A través de unha selección, cando menos heteróxena, de grandes momentos da caixa tonta que van dende un programa sobre as rapazas picantes ata a derradeira gala do GH (e a facer coñas a outra parte), a autora, Mery Cuesta, tenta expoñer como foi tomando forma aquelo dos vídeos para promocionar a música e como estes acadan un espazo na programación perdendo a súa identidade como xénero pero trasvasando as súas convencións a outros formatos.

Tal plantexamento debeulle valer a rapaza para que "os artistas" a tomarán en serio, pero a pícara ocultaba unha idea moita máis escura; descubrir as estrataxemas coas que perversos entes de galaxias lonxanas pretenden domina-lo Mundo. Así, citando a MacLuhan e a Brian May, Mery lanza curiosas ideas ó ar: o oscuro plan da MTV para vestirnos a todos con ombreiras a través de Miami Vice (estilo Duran Duran que din), os esforzos de David Hasselhof por promocionar a súa musica (Crazy for youuuuuuuuuu!) a través da voluptuosidade dos Vixiantes da Praia, a idea do "videoclip-soap opera" do que os adalides son Camela (LOL) ou o auxe e caída dos charity singles nos 80 para sacarnos a bágoas e os cartos.
Espazo para nostalxia quedou con La Bola de Cristal, o Top of The Pops e, jojo, The Young Ones (para os paisáns de acá Os Novos, como ben nos ensinaron...), actuación de Madness incluída. Vamos, una mistura divertida e...

Contar isto non conta moito. Aquel día había xente deixando os dentes nas codias e botando unhas risas con Sonny e Tubbs, pero non creo que ninguén buscase profundizar moito nunha idea que moi orixinal, a verdade, non é (aínda que sí as anécdotas, todo hai que dicilo). O plantexamento, ademais de non chegar a ningún lugar, quédase curto en razoamentos e exemplos (onde quedáronse, digo eu, os rapaces de UPA?) e, por un momento, ata me fixo pensar en benqueridos traballos de facultade que o profesor, benevolamente, aplaudiu.

Máis que nada, botei de menos que non se falara de cine. Aínda sigo esperando que alguén me explique o porqué do noxento delirio de Aronofsky en Requiém por un sono (grimaaaaaaaaa)

-> VIDEOCLISIÓN. Martes e xoves as sete e media no CGAC ata o 15 de febreiro. Entrada de balde

15.1.07

(paréntese)


Despois de estar sen aparecer por aquí unhas semanas e ante a frustración que me causa ollar diariamente o post navideño sen saber moi ben con que rechea-lo oco deixado, inserto unha nota provisional que deixe este espazo "a velas vir" ata que o meu betxo volte á vida despois de facerlle unha visita ó servizo técnico. Sintoo, non me sae arrabuñar nos meus miolos sen a intimidade do meu betxo, que lle vou facer... Valga o post como disculpa e sinal da miña ben intencionada desesperación por non saber como voltar a este circuíto.
De paso aproveito, lávome as mans nun mes que precede a exames e cambios sustanciais no derroteiro vital da que isto suscribe.
Beijinhos!