12.4.07

Do corazón, tripas


Do you still fancy me?
Did you ever love me?

Closer. Mike Nichols, 2004.

Un antigo pecado dicíame moi a míudo que o amor é así; un día espertaste e xa non estas namorado da túa parella. Non sabes porqué pero tampouco o podes evitar...e xa está.

Nunca supen (nin saberei) se era unha advertencia para min ou unha asimilación para si. Pero cando chegou o momento as cousas remataron así, dun día para outro...e xa non había nada que lle facer.

O filme fala diso, pero tamén da forza da culpa como estratexia para manter a xente o teu lado....Ó final Closer só é iso, unha historia de encontros e desencontros guiados pola febleza do amor e a forza da culpa e da soidade. Terror emocional se chegas a identificarte con tan só un dos diálogos...do máis visceral.

"Mas as mulheres do que gostam é amar. Subretudo quando não há ali mais ninguém que se preste a isso"

O Amor é Fodido. Miguel Steves Cardoso

6 Ti dirás:

besbe dijo...

E cando acaba, acaba e tes razón, non sabes por que. E a min pásame, gústame amar.

Un bico moza :) e un pracer o sábado.

A Raíña Vermella dijo...

Non me gustou demasiado Closer no seu momento, en parte porque me pareceu que simplificaba un pouco estas cousas da bioquímica amorosa. pode que moitas veces sexa así, sinxelamente remata e punto. Pero coido que moitas outras arrástranse un monte de problemas, incomunicación, desconfianzas e traumas persoais varios que acaban por botalo todo a perder. Tamén, que moita xente asume un modelo de realación "precociñado" sen deterse a pensar como quere que sexa realmente a súa historia. Closer pareceume que pecaba tamén un pouco diso. Non tódalas parellas teñen que rexerse polos mesmos parámetros de ciúmes, posesión do outro, amor romántico... Ti que pensas? Un bico e un placer coñecerte en persoa;)

Marla Singer dijo...

Olas moza! Son a túa compi de choio, Tes que pasarme o mail, teño que poñerte ó tanto dalgunhas cousas :)
bicos!

O gato violeta dijo...

Debe ser chungo que algo remate así, pero tamén debe ser xenial que empeza. Quero namorarme!!!!

ailandra dijo...

Esa simplificación que fai Closer a min paréceme un acerto. É como cando analizas o desenvolvemento dunha reacción ou proceso en condicións óptimas (e teóricas....), de ter en conta tódalas variable posibles sería imposible facer un estudio útil (Raíña, ti es a de ciencias, non era algo asi?)O plantexar personaxes sen problemas de diñeiro, de saúde ou calquer outro creo que o que sinten sae á luz espidos... De todas formas, tamén aquí se teñen en conta, cando menos, os traumas que cada un arrastramos: o personaxe de Jude Law é un raparigo egoísta ó que non lle vale nada e quereo todo, e o de Natalie Portman o dalguèn que escapa de si mesma e precisa realizarse, buscar a súa identidade, noutra persoa. Así, os posíbeis problemas de incomunicación, desconfianza, ciúmes, etc non son máis que consecuencias...e creo que algo inevitable para a natureza humana.
O que me impresiounou (quizais non fun quen de transmitilo) foi o feito de atoparme cun filme (unha obra de teatro, se o preferides...) que non dá o amor por suposto...como un “Must be” polo que todos deberíamos pasar, e plantexa o feito de que naza do propio egoísmo e medo a soidade. Fala da súa febleza polo simple feito de que só un mesmo pode resolve-los seus problemas, toda outra solucion será transitoria.

En canto o de acabar así porque si....tes que racionalizar moito para ser quen de rematar unha relacion se aínda “estás namorado”, haxa os problemas que haxa. Do mesmo xeito, se non existe ese sentimento (ou esa ilusión, ou esa necesidade ou o que carallo sexa...) da igual que a túa parella sexa un príncipe de contos...porque remataras por sair correndo.

Eu eso me parece a min :P

Disculpade o extenso do comentario e a ausencia destas últimas semanas. Ás que coñecín, un pracer. E un ronroneo de benvida para eso gatiño!

A Raíña Vermella dijo...

A min tamén me pareceu un acerto da peli a simplificación de deixar o problema amoroso espido, por así dicilo, de condicionantes externos (un experimento en condicións ideais, exacto:))e a caracterización psicolóxica das personaxes. Ao que me refería co de que non me convenceu era máis ben á idea de que unha relación amorosa se basee nunha certa idea de "pertenza" da outra persoa, de fidelidade sexual, de atracción irracional... Claro que poden existir eses compoñentes, pero coido que non son os únicos nin que teñan que estar necesariamente presentes, nin sequera que definan o que entendemos por namoramento. Supoño que todos nós estamos lastrados por unha idea moi determinada do amor romántico e patriarcal.
P.D: temos pendente un cafés para discutir do divino e do humano, non si? Bicos.