20.5.10

Retrospectiva. Fóra de conTEXTO


Podíame quedar co simple,
acurrucarme nunha manta mesta e agarimosa da que nunca me preocupase ver o final.
Podería ficar observando, calma, 
a floración da lavanda lúa tras lúa sen mais música que a da escuma noble deste mar

Decantarme polas augas verdes do río no que xogan os nenos cando comeza morrer o sol
ou simplemente esperar, aquí, buscando combinacións imposibles en todas as letras que nunca, verdadeiramente, 
aspiraron contar ren.

Sí claro, 
podía ser zen e abstraerme de todos vós
inspirar, expirar
podía, claro, podía
se cadra, tamén debería.

Morrer un pouco e vivir mais.

10.5.10

Opus

Para porme escribir  non preciso
máis
que autodisciplinarme na ximnasia de por verbas unha tras doutra
formando significados ceives de significante,
insignificando aquelo que sobra, hipertextualizando o que non se ve
buscar o marco perfecto que se forma entre as tuas mans
albiscar como cuadrar estes circulos rebeldes.


Para deixar(me) escrita requiro,
máis
que muros bravos de pedra rezumando humidade
ou o fume azul de mil verdugos.
Tampouco estou a falar  de rescates extranxeiros
dademe só un latigo, unha fusta
.......algo máis de tempo.

19.4.10

Fuxida

Quedei preguntandome se  en Granada, coa chegada da primavera, cada un dos seus veciños comezan a andar a pata coxa, a saltos ou coma os carangexos por mor do veleno asfixiante do millón de frores da azahar das suas laranxeiras. Nunha esquina no extramuros dos Jerónimos, estas árbores medran tan preto unhas das outras que a chuvia das doce en punto filtrase polas súas follas para chegar ao chan convertida en xugo espeso rico en Vitamina C.

As mañás de domingo, o Realejo cheiraba a cera e incienso, lembrándote que por moi impía que unha se declare, os domingos sempre terán mañás de igrexa, onde descansan os mortos. Os domingos as rúas do Realejo cheiran, inevitablemente,  a cerimonia fúnebre.

E no Albaycín, os aromas van dun lado ao outro perdendose nas canellas, e podes ter a sorte de asfixiarte co cheiro de té dulzón, ou perderte entre casas que quixeras túas nas que ainda podes sentir, xogando na punta do nariz, o crepitar dun lume de leña.

Pola noite, en Elvira, respirabas tabaco e humidade, chovera ou non chovese ese día. No paseo dos Tristes descubrías a capacidade de identificar os diferentes matices do arcoiris vibrando no nariz, e reparas que a auga nin é azul nin nada, terra divertida que se perde nela mesma máis rápido do que poidas observar.

Eu en Granada respirei cal, almizcle e nicotina. As imaxes de Granada sublimanse agora en vapores de romero de cigana.

6.4.10

Sempre soñei


Con facerme vella vendo a vida pasar na Quintana.
Volver a Compostela sempre ten algo de rito iniciático. Unha rúa na que perderse  e reatoparse, outro bar no que tomar a última; sempre ten algo de reencontro e de despedida dunha parte dunha mesma.
Sempre me saca un sorriso e un par de bágoas. Que ninguén me diga que non é unha cidade fermosa.

2.4.10

Volta á SCQ


Agardo que funcione como un breve suspiro na base da nuca :)

29.3.10

We can be heroes....


Seica non é estrictamente republicana a historia dos EUA.
Lin en Sandman e comprobei(?) na Wiki a historia de Joshua A. Norton, primer e último gran Emperador dos USA e Protector de México. Norton fixera a sua autoproclama pública nunha Carta ao Director que un Director cachondo aceptou publicar nun xornal de San Francisco, e comezou o seu reinado de bos consellos emitindo moeda propia que a xente aceptou canxear. A Raiña Victoria aceptou tamén as súas cartas de amor.


Polo visto, Norton debeu ser amigo cercano de Mark Twain, que a verdade é un tipo que me cae ben, e semella que foi el quen redactou o epitafio que celebraría a morte de Bummer, un dos cans escolta do Ilmo. Emperador.

Á morte de Norton, outro Director cachondo publicaba  unha necrolóxica en memoria do Emperador dictando que este

"nunca matara a ningúen, non lle roubara  a ninguén nin se apoderara da patria de ninguén. A maioría dos seus colegas non poderían dicir o mesmo"

Corría o ano 1880 e un eclipse de sol puña ese día punto e final a  21 anos de (auto)goberno e reinado.  A súa tumba é hoxe lugar de peregrinación na cidade nas flores no pelo.


Bonito pensar que nada impide a un ser humán SER cando hai vontade firme de tal, e que as realidades  están supeditadas ás percepcións de cada quen e non ao revés.
Eu, as veces, transmútome en Raiña de Saba ^_^

28.3.10

I think it's time to say goodbye


Dame igual que hoxe me arrepinta dos meus dias de terra ocre e paredes encaladas
Que cinco días de estepa destrozaran nervios e esperanzas
que me vexa obligada a renunciar a soños.
Gusano de area, non podes devoralo todo
Nin me retracto das miñas notas
nin dos saltos espiados no teu tellado.
Nesta torre de marfil me quedo
venerando o teu cadaver putrefacto
até que os meu cabelos barran este xélido chan de pedra.

Hei de persistir en nigromante,
conxurandos os demonios da tua lembranza
Á volta,non haberá  máis que unha estatua de cinza azul
reflexo difuso dun tempo de gloria
unha tea altiva, que non volverá alumear máis.
Pero esta torre de marfil, gusano
esta torre de marfil non cae.

Nin Doppelgänger nin Némesis
Hai cousas que só son responsabilidade miña.

26.3.10

He took all off my sins...



...and we wrote a pocket novel called "The state that I am in".


(Das voltas do Karma e do apropiado das cancións)

23.3.10

O que sinto son as carencias

Deixar escorregar a auga quente baixando a curva das miñas costas
é o mellor placebo que atopei para substituir(te)

*Editado o 30/3/10

8.3.10

Xa sabía eu......

.....que este non é tempo de ideoloxías.


O meu leva un ritmo particular, quen non o siga non acadará a ver. Pero é unha carreira á que non volverei renunciar.


" Inventei que Derain me escribía...Como (...) non se dignou a responder, decidin escribirme asinando Derain" (Bartleby e Compaña)

4.3.10

MOTH

 

No profundo da caverna 
non hai arañeira que non tente atravesar
esta polilla que danza

Bater de alas e fuxir, 
os sons que fican xordos
repugnan aos artrópodos



2.3.10

OMG


Desde o fondo dun burato negro
de repente esixes que debo ser quen soñei ser,
e escribir e narrarme en pasos
porque nas letras vivimos mil anos
e de letras nos alimentamos dez mil

Soñei con que foras coma baixo os meus puntos
tantas veces
que non hai simbolo que me ampare
neste labirinto de cifras que agochas.

Tremendo por destruir unha calma que atopei mergullada no máis escuro das miñas sabanas
Que ten forma de cobra, esfinxe, medio saltamontes e incluso árbore de outono.

Coma furacán, fuxen verbas por todas partes
manan do peito e escorregan polo ventre, perdense na cara escura das pernas
e tocan fondo, descanso,erba mollada..

Hoxe non podes ser mais que un segredo
que declara defunta unha respiración alterna sobre cinzas
alumeada de azuis e sedas.
No devir morno de existencias que unha vez forons aspiracións
hoxe son conformadas pola satisfaccion de non terse degrado tanto tanto tanto

Ainda non son quen de atopar
as configuracións dun eu borroso
Quedame desculpar
cruzar os dedos para que sexas;
e que todo caia coma un castelo de naipes

Reencontrarte desde a liberdade de ser eu
sen vestido algun
mais que o da memoria non narrada
que por non ser nomeada non existe
e anos de fume perdendo azul sobre os meus beizos

3.2.10

"Os estadistas menosprecian aos axentes de publicidade, os pintores menosprecian aos críticos de arte, e fisiólogos, físicos ou matemáticos comparten moi a menudo tales sentimentos; non existe desdén máis profundo, ou no seu conxunto, máis xustificábel, que o que senten os homes que crean hacía os homes que explican.Exposición, crítica e apreciación é unha labor reservada para intelixencias de segunda fila".

Leo esto no arranque dun libro do ano 1981, "A Mathematician's Apology" de G.H. Hardy, e me pregunto se hoxe, era da información, o desprecio segue a ser tal e a sentencia sigue vixente. Boto de menos a introducción do termo "Divulgación", que complementa a todos os anteriores polo que os creadores sinten desdén.

Entón, penso.





Será que, como co do xénero, eu levo irremediablemente postas os lentes da comunicación e vexo o mundo xirar ao redor dese principio.

E por certo, costaba moito ter substituído "home" por "persoa"?