2.3.10

OMG


Desde o fondo dun burato negro
de repente esixes que debo ser quen soñei ser,
e escribir e narrarme en pasos
porque nas letras vivimos mil anos
e de letras nos alimentamos dez mil

Soñei con que foras coma baixo os meus puntos
tantas veces
que non hai simbolo que me ampare
neste labirinto de cifras que agochas.

Tremendo por destruir unha calma que atopei mergullada no máis escuro das miñas sabanas
Que ten forma de cobra, esfinxe, medio saltamontes e incluso árbore de outono.

Coma furacán, fuxen verbas por todas partes
manan do peito e escorregan polo ventre, perdense na cara escura das pernas
e tocan fondo, descanso,erba mollada..

Hoxe non podes ser mais que un segredo
que declara defunta unha respiración alterna sobre cinzas
alumeada de azuis e sedas.
No devir morno de existencias que unha vez forons aspiracións
hoxe son conformadas pola satisfaccion de non terse degrado tanto tanto tanto

Ainda non son quen de atopar
as configuracións dun eu borroso
Quedame desculpar
cruzar os dedos para que sexas;
e que todo caia coma un castelo de naipes

Reencontrarte desde a liberdade de ser eu
sen vestido algun
mais que o da memoria non narrada
que por non ser nomeada non existe
e anos de fume perdendo azul sobre os meus beizos

0 Ti dirás: