18.5.07

Adeus

"...nos últimos anos en España ten pasado que o Cine París de Coruña converteuse nun Springfield, o Teatro Losada de Ourense nun Zara, o Cine París de Barcelona nun Zara, o Cine Salamanca de Madrid nun C&A, o Cine Imperial de Madrid nun Sfera (El Corte Inglés), e o Cine Capitolio de Elche, o Teatro Menacho de Badajoz, o Cine Barceló de Barcelona, etc. "

Xavier Estévez
Vía VIEIROS

Xa todos o saben e todos pronunciarónse, así que, humildemente, estou convencida de que non queda nada que eu poida dicir e falo por outros. Eu lémbro moitas vellas pelis que me emocionaron e que non podería ter visto así, en experiencia colectiva, noutro sitio. Para afoga-la miña pena imaxino que o unico que me queda é mercar uns trapiños. Ó carallo.

10 Ti dirás:

A Raíña Vermella dijo...

Acábanme de vir as bágoas aos ollos, e non é retórico. O Yago foi o decorado de moitas escenas da vida de todos os de Compostela. Aínda que Estévez, no artigo, faga unha tibia defensa da propiedade privada, eu non o teño tan claro. Non teño claro que ninguén, por moi propietario que sexa, teña dereito a dispoñer do que se faga nun sitio emblemático coma este. Haberá que indemnizalos ou o que sexa, pero o Yago é de todos.

Arale Norimaki dijo...

O Yago foi o meu primeiro cine. A miña primeira peli en pantalla grande. E logo un xelado italiano na Casa Mora. "E mañá de volta á 'guarde'". Moitas seguiron a aquela nese entorno tan propio. Concordo coa Raíña, o Yago perténcenos a todos.

Anónimo dijo...

Ogallá puidera prevalecer a verdadeira "esencia" das cousas tanto neste coma en moitos máis ámbitos da vida. É unha verdadeira mágoa que non sexamos capaces de manter aquelas cousas que algúns/as consideramos coma parte indispensavel dos grandes tesouros do noso patrimonio.

Quizais agora non reste outra alternativa que aferrarnos con máis forza ca nunca á lembranza que nos axude a sentirnos vivos...

idooka dijo...

dereitoaopataleo@salayago.com

Seica nesta dirección se pode mandar mensaxes de apoio e firmas en contra do feche. Acábanmo de dicir.

O gato violeta dijo...

Todo o muundo di iso de "eu, cando teña cartos vou mercar..." eu digo (e vou seguir dicindo porque nunca vou ter cartos) "eu cando teña cartos vou reabrir os vellos cines para proxectar vellas películas"

besbe dijo...

O Cine París, os Chaplin, os Equitativa, Riazor...pasei o peche de todos eles e a reforma do Colón. So esta última é a única de agradecer, as do resto foron tristezas pero no caso da Sala Yago dame moita máis pena.

Éowyn dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Éowyn dijo...

Teño que engadir que en Pontevedra pasou o mesmo. O cine Gonviz é agora Zara Home, que para confusión daqueles pontevedreses que non saben Inglés... non é "Zara Hombre" senón "Zara Casa" (por qué diaños non lle porían Zara Casa ou Fogar e non en Inglés?... ah! xa!e que agora Zara é unha multinacional...)
En fin, unha pequena lembranza para o Cine Gonviz que é onde Éowyn viu "Parque Jurásico" (a primeira) e deu o seu primeiro bico, BICO, vendo "Un paseo por las nubes" (mirade se era antigo o cine...).

Unknown dijo...

Pouco a pouco van desaparecendo as mellores salas do país (aínda estou amolada polo peche do Xesteira...)Algún día decataránse de que estes lugares son moito máis que paredes e negocio.

torredebabel dijo...

as cidades morren un pouco cada vez que un dos seus sitios emblemáticos pechan as suas portas... magoa.