Seica non é estrictamente republicana a historia dos EUA.
Lin en Sandman e comprobei(?) na Wiki a historia de Joshua A. Norton, primer e último gran Emperador dos USA e Protector de México. Norton fixera a sua autoproclama pública nunha Carta ao Director que un Director cachondo aceptou publicar nun xornal de San Francisco, e comezou o seu reinado de bos consellos emitindo moeda propia que a xente aceptou canxear. A Raiña Victoria aceptou tamén as súas cartas de amor.

Polo visto, Norton debeu ser amigo cercano de Mark Twain, que a verdade é un tipo que me cae ben, e semella que foi el quen redactou o epitafio que celebraría a morte de Bummer, un dos cans escolta do Ilmo. Emperador.
Á morte de Norton, outro Director cachondo publicaba unha necrolóxica en memoria do Emperador dictando que este
"nunca matara a ningúen, non lle roubara a ninguén nin se apoderara da patria de ninguén. A maioría dos seus colegas non poderían dicir o mesmo"
Corría o ano 1880 e un eclipse de sol puña ese día punto e final a 21 anos de (auto)goberno e reinado. A súa tumba é hoxe lugar de peregrinación na cidade nas flores no pelo.
Bonito pensar que nada impide a un ser humán SER cando hai vontade firme de tal, e que as realidades están supeditadas ás percepcións de cada quen e non ao revés.
Eu, as veces, transmútome en Raiña de Saba ^_^