Mostrando entradas con la etiqueta Nemesis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nemesis. Mostrar todas las entradas

19.4.10

Fuxida

Quedei preguntandome se  en Granada, coa chegada da primavera, cada un dos seus veciños comezan a andar a pata coxa, a saltos ou coma os carangexos por mor do veleno asfixiante do millón de frores da azahar das suas laranxeiras. Nunha esquina no extramuros dos Jerónimos, estas árbores medran tan preto unhas das outras que a chuvia das doce en punto filtrase polas súas follas para chegar ao chan convertida en xugo espeso rico en Vitamina C.

As mañás de domingo, o Realejo cheiraba a cera e incienso, lembrándote que por moi impía que unha se declare, os domingos sempre terán mañás de igrexa, onde descansan os mortos. Os domingos as rúas do Realejo cheiran, inevitablemente,  a cerimonia fúnebre.

E no Albaycín, os aromas van dun lado ao outro perdendose nas canellas, e podes ter a sorte de asfixiarte co cheiro de té dulzón, ou perderte entre casas que quixeras túas nas que ainda podes sentir, xogando na punta do nariz, o crepitar dun lume de leña.

Pola noite, en Elvira, respirabas tabaco e humidade, chovera ou non chovese ese día. No paseo dos Tristes descubrías a capacidade de identificar os diferentes matices do arcoiris vibrando no nariz, e reparas que a auga nin é azul nin nada, terra divertida que se perde nela mesma máis rápido do que poidas observar.

Eu en Granada respirei cal, almizcle e nicotina. As imaxes de Granada sublimanse agora en vapores de romero de cigana.

28.3.10

I think it's time to say goodbye


Dame igual que hoxe me arrepinta dos meus dias de terra ocre e paredes encaladas
Que cinco días de estepa destrozaran nervios e esperanzas
que me vexa obligada a renunciar a soños.
Gusano de area, non podes devoralo todo
Nin me retracto das miñas notas
nin dos saltos espiados no teu tellado.
Nesta torre de marfil me quedo
venerando o teu cadaver putrefacto
até que os meu cabelos barran este xélido chan de pedra.

Hei de persistir en nigromante,
conxurandos os demonios da tua lembranza
Á volta,non haberá  máis que unha estatua de cinza azul
reflexo difuso dun tempo de gloria
unha tea altiva, que non volverá alumear máis.
Pero esta torre de marfil, gusano
esta torre de marfil non cae.

Nin Doppelgänger nin Némesis
Hai cousas que só son responsabilidade miña.

26.3.10

He took all off my sins...



...and we wrote a pocket novel called "The state that I am in".


(Das voltas do Karma e do apropiado das cancións)

23.3.10

O que sinto son as carencias

Deixar escorregar a auga quente baixando a curva das miñas costas
é o mellor placebo que atopei para substituir(te)

*Editado o 30/3/10

8.3.10

Xa sabía eu......

.....que este non é tempo de ideoloxías.


O meu leva un ritmo particular, quen non o siga non acadará a ver. Pero é unha carreira á que non volverei renunciar.


" Inventei que Derain me escribía...Como (...) non se dignou a responder, decidin escribirme asinando Derain" (Bartleby e Compaña)

2.3.10

OMG


Desde o fondo dun burato negro
de repente esixes que debo ser quen soñei ser,
e escribir e narrarme en pasos
porque nas letras vivimos mil anos
e de letras nos alimentamos dez mil

Soñei con que foras coma baixo os meus puntos
tantas veces
que non hai simbolo que me ampare
neste labirinto de cifras que agochas.

Tremendo por destruir unha calma que atopei mergullada no máis escuro das miñas sabanas
Que ten forma de cobra, esfinxe, medio saltamontes e incluso árbore de outono.

Coma furacán, fuxen verbas por todas partes
manan do peito e escorregan polo ventre, perdense na cara escura das pernas
e tocan fondo, descanso,erba mollada..

Hoxe non podes ser mais que un segredo
que declara defunta unha respiración alterna sobre cinzas
alumeada de azuis e sedas.
No devir morno de existencias que unha vez forons aspiracións
hoxe son conformadas pola satisfaccion de non terse degrado tanto tanto tanto

Ainda non son quen de atopar
as configuracións dun eu borroso
Quedame desculpar
cruzar os dedos para que sexas;
e que todo caia coma un castelo de naipes

Reencontrarte desde a liberdade de ser eu
sen vestido algun
mais que o da memoria non narrada
que por non ser nomeada non existe
e anos de fume perdendo azul sobre os meus beizos