Escribiuse moitísimo por estes lares ultimamente sobre que cancións elixiríamos para eses momentos de íntima perversidade e intercambio de fluídos. A cuestión causou tanto tanto rebumbio que ata protagonizou algunha conversa no Maycar (creo) e chegou a este sitio por cortesía de
Elianinha. Non me queda outra que deixarme ver.
O meu "top five", supoño, ben podería ser este...
- Swap Song.Blur (13). Por andarmos en territorios mornos e húmidos,claro. Flípame a voz de Damon Albarn e creo que ritmo cae ben, pero que moi ben. Ideal para encontros fugaces nos baños do Ruta (e só un exemplo!). Ademais, como non podía ser doutro xeito, se penso en pantano penso
nesto, e logo
neste e xa non hai nada que lle facer.
7 Ti dirás:
Hmmm, Cohen ou Reznor, grandes dilemas concupiscentes...supoño que calquera dos dous vai ao pelo (e os demáis da escolla tamén)... moi boa escolla srta. Ailandra ;)
É que o Maycar é o lugar máis axeitado para falar deste tema. De feito houbo quen suxeriu que a festa de mmmmúsicas, se chega a facerse, e non queda nunha brillante idea etílica, se faga no Maycar (aínda que supoño que é imposible pedirlle que cambie a música). Súmome ás felicitacións de Arale. BLur, NIN, Jesus..., Cohen, e mesmo PJ. Creo que vou cambiar as miñas.
Eu quédome con Reznor, NIN é estimulante abondo.
O problema do tema de Blur é que tendo a asocialo ao futbol e iso non é moi erótico...
A BSO das virxes suicidas... mmmm.... interesante.
Mmmm, Maycar é uha bacanal tódalas noites, así que porque un día o sexa con música ad hoc supoño que non pasara nada...Todo é cuestión de negociar.
Pastor, eso son as vantaxes de non saber nada de fútbol, deixas espazo na cabeza para cousas...máis interesantes (como a líbido, jur jur)
Por que se falamos de sexo é inevitable que saia o Maicar?
"Just like honey", Cohen y Air...madre mia, que buena banda sonora!
UN saludo!
Publicar un comentario