20.5.10
Retrospectiva. Fóra de conTEXTO
10.5.10
Opus
máis
que autodisciplinarme na ximnasia de por verbas unha tras doutra
formando significados ceives de significante,
insignificando aquelo que sobra, hipertextualizando o que non se ve
buscar o marco perfecto que se forma entre as tuas mans
albiscar como cuadrar estes circulos rebeldes.
Para deixar(me) escrita requiro,
máis
que muros bravos de pedra rezumando humidade
ou o fume azul de mil verdugos.
Tampouco estou a falar de rescates extranxeiros
dademe só un latigo, unha fusta
.......algo máis de tempo.
19.4.10
Fuxida
As mañás de domingo, o Realejo cheiraba a cera e incienso, lembrándote que por moi impía que unha se declare, os domingos sempre terán mañás de igrexa, onde descansan os mortos. Os domingos as rúas do Realejo cheiran, inevitablemente, a cerimonia fúnebre.E no Albaycín, os aromas van dun lado ao outro perdendose nas canellas, e podes ter a sorte de asfixiarte co cheiro de té dulzón, ou perderte entre casas que quixeras túas nas que ainda podes sentir, xogando na punta do nariz, o crepitar dun lume de leña.
Pola noite, en Elvira, respirabas tabaco e humidade, chovera ou non chovese ese día. No paseo dos Tristes descubrías a capacidade de identificar os diferentes matices do arcoiris vibrando no nariz, e reparas que a auga nin é azul nin nada, terra divertida que se perde nela mesma máis rápido do que poidas observar.
Eu en Granada respirei cal, almizcle e nicotina. As imaxes de Granada sublimanse agora en vapores de romero de cigana.
6.4.10
Sempre soñei
Con facerme vella vendo a vida pasar na Quintana.
Volver a Compostela sempre ten algo de rito iniciático. Unha rúa na que perderse e reatoparse, outro bar no que tomar a última; sempre ten algo de reencontro e de despedida dunha parte dunha mesma.
Sempre me saca un sorriso e un par de bágoas. Que ninguén me diga que non é unha cidade fermosa.
2.4.10
29.3.10
We can be heroes....
Seica non é estrictamente republicana a historia dos EUA.
Lin en Sandman e comprobei(?) na Wiki a historia de Joshua A. Norton, primer e último gran Emperador dos USA e Protector de México. Norton fixera a sua autoproclama pública nunha Carta ao Director que un Director cachondo aceptou publicar nun xornal de San Francisco, e comezou o seu reinado de bos consellos emitindo moeda propia que a xente aceptou canxear. A Raiña Victoria aceptou tamén as súas cartas de amor.

Polo visto, Norton debeu ser amigo cercano de Mark Twain, que a verdade é un tipo que me cae ben, e semella que foi el quen redactou o epitafio que celebraría a morte de Bummer, un dos cans escolta do Ilmo. Emperador.
Á morte de Norton, outro Director cachondo publicaba unha necrolóxica en memoria do Emperador dictando que este
Corría o ano 1880 e un eclipse de sol puña ese día punto e final a 21 anos de (auto)goberno e reinado. A súa tumba é hoxe lugar de peregrinación na cidade nas flores no pelo.
Bonito pensar que nada impide a un ser humán SER cando hai vontade firme de tal, e que as realidades están supeditadas ás percepcións de cada quen e non ao revés.
Eu, as veces, transmútome en Raiña de Saba ^_^
28.3.10
I think it's time to say goodbye
26.3.10
He took all off my sins...
...and we wrote a pocket novel called "The state that I am in".
23.3.10
O que sinto son as carencias
é o mellor placebo que atopei para substituir(te)
*Editado o 30/3/10
8.3.10
Xa sabía eu......
O meu leva un ritmo particular, quen non o siga non acadará a ver. Pero é unha carreira á que non volverei renunciar.
" Inventei que Derain me escribía...Como (...) non se dignou a responder, decidin escribirme asinando Derain" (Bartleby e Compaña)
4.3.10
MOTH
2.3.10
OMG
3.2.10
Leo esto no arranque dun libro do ano 1981, "A Mathematician's Apology" de G.H. Hardy, e me pregunto se hoxe, era da información, o desprecio segue a ser tal e a sentencia sigue vixente. Boto de menos a introducción do termo "Divulgación", que complementa a todos os anteriores polo que os creadores sinten desdén.
Entón, penso.

Será que, como co do xénero, eu levo irremediablemente postas os lentes da comunicación e vexo o mundo xirar ao redor dese principio.
E por certo, costaba moito ter substituído "home" por "persoa"?
17.7.09
Melancolía
7.1.09
5.1.09
De compras
Unha Ketteraspis SP, dona e señora do Devónico....Trilobite pouco estudado e nada amigo da literatura (non se lle adicaron apenas letras) da que non me atrevo a dicir máis que que é ben bonitiña.11.12.08
Coma un fénix
Hoxe, coma un relato dos mellores, alguen descubríame un segredo deses que agochas por decoro e co que ansías polemizar.
Hoxe alguen lembroume, sen decatarse nin o máis mínimo e sen que isa fora a sua intención, que amo este sito porque o meu egocentrismo mo esixe.
Porque é a árbore que prantei, o libro que escribín e o fillo que o parín. 
Porque mal que ven estes noumenos son a parte de min que quixen facer pública e que pulín, con máis pudor ou con menos, para convertilos no que VÓS ledes.
Ou non ledes, xa dame igual.
Cambiei de traballo. Cambiei de berce Cambei de hábitos. Incluso....se me apuras...cambiei de musas....e musos....
Porque a filosofía (¿?) é o que ten.Falamos de conceptos (ais, que medo) universais.
Xa teño un desexo,e non necesariamente para aninovo.

Seguir dando guerra
7.7.08
28.6.08
27.6.08
Long Island Ice Tea















